domingo, 22 de mayo de 2011

Paseos pola cidade

Estou collendo gusto a facer dipticos coas fotos dos paseos. As veces xuntando dúas fotos diferentes parece que xurde un único, novo e misterioso lugar ...outras veces quedan ben xuntas por puro contraste...
En vez de poñelas aos poucos, vou xuntalas todas e facer un resumen semanal: queda inaugurada unha nova sección do blog para os domingos!
Os dous primeiros dípticos están feitos con fotos da andaina que fixemos o vernes  algúns dos compañeiros de traballo. En vez de o partido de baloncesto da festa de Santa Rita, este ano fixemos unha andaina. Ahí estamos á volta da camiñata, no Obradorio, xustiño diante dos acampados indignados  do 15-M.
 
Neste último díptico, a foto de abaixo é de hoxe, do instituto onde fumos votar. Estarán xuntando trastos para as caharelas de san xoan? A casiña das pintadas vimola ao lonxe na andaina do venres.

No hay comentarios: