martes, 3 de mayo de 2011

A bolsa de tea reversible

Esta é  a bolsiña da que xa falei, que lle regalamos a miña sobrina Cris. Fixen varias fotos do proceso para que quera probar. Penso que as fotos explican mais ou menos o que se ten que facer, nestas cousas explicalo con palabras é mais lioso que as imaxes...

Aquí esta o primeiro paso cortar a tea con esta forma. As dúas pezas estan dobradas, de xeito que o fondo da bolsa non teña costura
Agora extendense as dúas pezas, unha sobre outra dereito co dereito e cosese o recorte en U que vai formar a embocadura da bolsa, deixando os laterais sen coser
Volvemos estender a tea, mais esta vez ten que quedar cada metade dun color, e cosemos as asas, así:

Cosemos tamén os laterais, de xeito que quede unha bolsa pechada, cunha única abertura, nas asas
Esa abertura é a que vamos aproveitar para darlle volta a todo o conxunto, ata que quede a bolsa xa coa tela do dereito, así:
Agora toca prancha, moita prancha. Nas costuras para que queden planiñas, e tamen nas asas, temos que facer unha dobrez nas dúas teas de cada asa coa prancha, para que quede coa forma definitiva, así: (que non vos líe a tea da funda da taboa de pranchar,  que é a mesma ca da bolsa)
Este parte das asas cosese a man cun punto que non se vexa moito, así:
E xa está, aquí está a bolsa rematada, por un lado
e polo outro. 

Falta un peto ou algún adorno, pero non me deu tempo a mais ...
Este é o libro do que saquei as instruccións... Levoume mais comprendelas (están en xaponés, tiven que ir interpretando as imaxes) que facer a bolsa...

Pois xa está...
A partir destas instrucións, ocorreuseme como facer outra bolsa ainda mais sinxela, cun falso reversible,  que faise a partir da funda dunha almofada.Outro día poño as fotos e as explicaións.

No hay comentarios: