miércoles, 26 de marzo de 2014

aloumiños de leite


Hai moito que non veño por aquí, xa o sei, pero non é que non quera...Non soi moi dada a queixarme de non ter tempo (porque cada quén ten o tempo que ten, o tema é si prefires usalo para unha cousa ou para outra...) pero ás veces ocorre que, sumando todas as cousas que tes que facer obrigatoriamente  no dia,  non queda tempo para as que son simplemente opcionais... 

Ademais, estes dias coincide a data de entrega de moitos concursos de carteis, aos que tiña pensado presentarme,  e como teño que traballar no deseño do cartel nos ratos libres e ademais non podo mostrar o traballo ata que remate o proceso do concurso, pois, sinceramente, tiña o blog un pouco de lado.

Como o meu blog non é que digamos (je je) un blog con moitos comentarios, nunca penso que teña visitantes, e o vexo mais ben como un soliloquio, que a ninguén importa si escribo ou non, pero estes dias tiven un par de chamadas de atención (ana pequena, carmen esto vai por vos), o que me deu ánimo e novos pulos para seguir escribindo e mostrando as miñas cousas, non vaia perder mis poucos e fieis seguidores, pouco dados a facer comentarios, é certo,  pero que eu sei que están ahí. 

Así que aproveito para mostrar unha ilustración que fixen para "Aloumiños de leite" unha asociación de apoio á lactancia materna, que contactou conmigo para facer unha ilustración precisamente porque lles gustou  un cartel que presentei a un concurso con ese tema hai un tempo. O pasado venres tiveron unha festa para conmemorar o segundo aniversario da asociación, espero que a súa festa fora un exito! A ilustración é a que se mostra ao principio, e aquí está o produto rematado. Boa sorte a Aloumiños de leite neste terceiro ano da súa andaina!


10 comentarios:

Anónimo dijo...

Yes, we are quiet, but faithful followers. Keep posting, please. Ektorp (Finland)

esther dijo...

Ektorp! Canto tempo!

Aloumiños Deleite dijo...

Todo un placer contar contigo.UN Beso y un abrazo muy fuerte desde Aloumiños de Leite

Tartaruga dijo...

Eu sígote sempre fiel, aínda que as máis das veces non diga nada, que o saibas. E esta ilustración encantoume, e alégrame moito que tivera un chisquiño que ver comigo :)

esther dijo...

Non un chisquiño, ten moito que ver contigo Raquel! Lembro ben que fuches ti quen me falara do concurso aquel e a primeira que me felicitou polo deseño...

Anónimo dijo...

I'm quiet too but nevertheless a faithful follower. Sometimes I struggle with your mother language but I love the challenge and hopefully understand most of your thoughts in the end. Love your art! Kirchheim, Southern Germany.

esther dijo...

Vielen Dank! Meine besten Wünsche für Sie

♥ meninheira ♥ dijo...

Eu leio-te sempre, aínda que nom comente nunca, ains.

O cartaz, precioso!!

biquinhosssssssss
meni*

Rosa Belarte dijo...

Esther, yo te leo y me gustan mucho tus ilustraciones, tus dibujos y tus estampados.
En ocasiones me pierdo alguna entrada pero a la siguiente vez la recupero!
Sigue adelante, estamos aquí! Un beso y enhorabuena!

esther dijo...

Vaia! Moitas gracias a todas (e todos que algún hai tamén, que eu o sei)