Este sábado foi o cumpre da miña sobriña Cris, (7 anos xa, como Val, que os fará esta semana...) Ocorréuseme facerlle unhas monecas recortables, como as mariquitas que había cando eu era nena..Como está feita na casa, especial para ela, aproveitei e personaliceina un pouco... puxenlle, mais o menos a súa cara...e traxes axeitados a súas aficións: cantar e bailar, xogar ao baloncesto...
Fixen os bocetos e fun pintando os traxes nunha cartulina con acuarelas Despois recortei cada peza e fun pegandola nunha folla branca...Unha vez completa, leveina a fotocopiar.Fixen varias porque o do recorte non semopre sae ben a primeira, e fixen tamén unha tamaño A4 nunha folla adesiva... por darlle un toque hi-tech...O produto final quedou así...
Hei dicir que na mesma fotocopiadora tiven o primeiro exito, porque unha señora que estaba ó meu caron quedou tan prendada da moneca que me pediu se podía facer unha copia para levar ela á casa...Pero non remata aí a cousa, porque tamén me encarregou un oleo dunhas pulpeiras para poñer no seu bar...Eu expliqueille que eu non me adicaba a iso, que non sabería facer un óleo dunhas pulpeiras coa cara dela e da súa nai...pero a fe da señora en min foi inquebrantable...eu a dicirlle que non sería quen de facer o que ela pedía, e ela a dicir ... que o farías, a oleo ou a acuarela?...O caso é que levou o meu numero e quedou en chamarme para pedir presuposto!...que ela prefería oleo, pero que is saía moi caro, pois que acuarela...En fin...
Aquí van algunha imaxes do proceso:
Pintando a saia da Carolina, que como todo o mundo sabe, ten un lagarto pintado...
E aquí algunha proba cos vestidiños postos
Os orixinais pegados na folla, listos para levar a fotocopiar: