sábado, 17 de abril de 2010

este sábado, doble reto

O RETO de sempre, que fai o número 11, é este: un estante de madeira sen tratar, unha especie de bandexa, tamén de madeira, e unha caixa de cava Juvé i Camps baleira. Esta última collina porque na casa teño outra similar con outro debuxo. Todo o lote 10 €


Pero o verdadeiro RETO de hoxe, e este. Onte e antonte tiven febre e non estaba nada ben, parecía que estaba cochando unha gripe...hoxe síntome mellor, penso que foi pura forza mental para estar ben no día do evento...Pero ao cambio, teño unha tos seca espantosa...tentei ler o anaco que me toca  a min e si chego ter un micrófono diante estóupolle os tímpanos a concorrencia co estoupido da tos... Leo duas liñas e dáme a tos e si intento controlala é peor... Nun momento de pánico díxenlle o Pucho, oes si vexo, en chegando a hora, que estou peor e non podo ler, les ti por min, non?....Comezaron a virárselle os ollos e a moverselle a cabeza dun lado a outro, como a nena do Exorcista e quedoume claro que por aí non tiña apoio...

Fun a farmacia e expliqueille ó caso a rapaza...Si fora declarar a guerra ós Estados Unidos pola tele, ante unha audiencia planetaria, esta noite, non tomaría o caso con mais interés...Deume unha pastilla para tomar cada duas horas, e polo medio un caramelo de mel e limón...A tal pastilla unha vez tomada, para min resultou ser outro caramelo, así que , non sei...O caso e que chega o momento e eu non fago mais que tusir.. P . di que chame ao F. e llo diga., pero ...e si me  retira do numero?...Xa sabedes, os do espectaculo temos un lema...the show must go on....

No hay comentarios: