martes, 6 de abril de 2010

tecidos

Vendo o blog da Ervilha, que visito diariamente, souben da exposición co tema do Quilt no Victoria and Albert Museum e quedei tamén coas ganas de ir...
Hoxe ao vir de tomar un café atopei unha bolsiña na miña mesa precisamente do Victoria & Albert Museum, dentro tiña estes dous fat quarters tan bonitos...

O meu xefe, que estivo por  Londres estes dias,  foi ao Victoria & Albert, e vendo as telas que tiñan á venda lembrouse da miña tolería polos tecidos e tróuxome estas dúas monadas.... Canto gustei deste regalo! Moitísimas gracias Carlos!...Pregunteille si vira a exposición dos quilts, pero dixo que non,  que foron ver unha de debuxos de Miguel Anxo...

E falando de quilts, hoxe chegou aquel que mercara en ebay, do que xa falara nalgún post. De momento está na habitación do neno maior para ver o efecto...
Gústame moitisimo, a North Dakota lady traballaba ben...Poño algúns detalles:

4 comentarios:

Rosa Pomar dijo...

Que bonitos os tecidos!

esther dijo...

Rosa! canta honra a túa visita... Son unha fiel seguidora túa desde hai anos...o teu blog e o teu traballo son unha continua fonte de inspiración para min...grazas

vera dijo...

linda, la compraste en ebay ?

esther dijo...

si, con esta busca en ebay.com: collectibles <linens & textiles (1930- now) < quilts
hai moitísimos, e a bo prezo, mesmo incluíndo os portes