domingo, 29 de junio de 2014

Como votar en spoonflower

O meu amigo Salva díxome o outro dia que quixo votar o meu deseño para o concurso de Spoonflower e non foi quen, que por mais que buscou non atopou o meu deseño. Outro tanto dixerame unha tia miña hai tempo: que fora incapaz de atopar a miña tea para votala.

Así que vou facer un mini tutorial con capturas de pantalla, para que o que quera votar vote, que non se diga que non poño interese! Aí vai: 

Hai que entrar en Spoonflower e pinchar no cadrado que pon  vote design of the week. Isto é o facil e chega todo o mundo. Os problemas veñen despois.:
Unha vez que se pincha nese recadro,  aparece esta pantalla:


A confusión ven porque o que aparece mais grande son os gañadores da semana anterior, que despistan moito ao que quere votar no concurso que esta aberto. Para votar no concurso en marcha, hai que ir a esquina superior dereita da páxina,  onde pon VOTE FOR YOUR FAVORITES. Clicando ahí sae outra páxina con todos os deseños presentados no concurso que se poden votar. Hai que ir baixando para poder ir vendo todos e escoller os que queres. Para votar hai que pinchar na marquiña posta na esquina superior esquerda do deseño, que automaticamente ponse en verde e o deseño queda remarcado. Podes votar cantos deseños queras, e unha vez vistos todos, correxir ou desmarcar os que no te convenzan ao final. Unha vez cos deseños seleccionados para a votación definitiva, hai que clickar onde pon SUBMIT, e xa está!


jueves, 26 de junio de 2014

Spoonflower


Volvo  ao concurso semanal de deseño textil de spoonflower, ao que teño moita querencia...Non houbo sorte na miña proposta cosmica, pero probo sorte outra vez no concurso nomeado "Sewing notions". O que pedían era catro deseños coordinados encaixados na medida dunha yarda, co tema dos materiais de costura como botóns, agullas e esas cousas que podes atopar nunha mercería. Esta é a miña proposta:



Poderá votarse penso que a partires da última hora da tarde deste xoves, si alguén se anima, pode facelo aquí...xa se sabe, votos e comentarios sempre son de agradecer! 

Para facer a proposta partín duns bocetos a acuarela, feitos, como non, no meu querido caderno








martes, 24 de junio de 2014

San Xoan

O dia mais longo do ano deu para moito...




Fixen moitos bosquexos e apuntes rápidos  dos ceos cambiantes tra-la tormenta

O anoitecer na noite de san xoan


Tamén fixen un vestido para mín, cunhas teas moi bonitas que mercara hai tempo. O tal vestido non aguanta unha inspeccion ocular  de perto...é dunha aficionada (mediocre) e nótase, Pero en fin...na media e longa distancia da o pego.  

Precisamente, facendo o vestido decateime que son moi mala costureira, non teño paciencia, nin para medir, nin para cortar nin para os detalles... Corto a ollo e coso sen hilvanar, pero non porque non o necesite, senon porque son unha chapuzas, a pouco de empezar xa estou desexando acabar e vou coma un foguete.

Así que tomei a decisión de deixar o da costura e centrarme no que de verdade me importa e me gusta facer...Non sei por qué deixei de pintar cando empecei a carreira e non volvín nunca coller os pinceis...Levo xa dous anos intentando empezar de novo e non son quen de facelo, non sei por qué. Creo que é medo.

Quero que quede constancia no blog de que o dia de San Xoan  empecei a pintar de novo! 
Agora mesmo a casa cheira a trementina e augarrás  ¡como me gusta! 
Tanto tempo...tanto tempo...sen sentir esa sensación de absoluta concentración, de intensidade...e como si volvera a reencontrarme coa persona que fun unha vez...é como volver a casa!


sábado, 14 de junio de 2014

Festa da Istoria 2014

Agora mesmo veño de ver na súa páxina web que xa hai gañador do concurso de carteis da Festa da Istoria de Ribadavia 2014. Maila que algunha vez gustaríame dicir o contrario, o meu cartel tampouco resultou elixido este ano...Mágoa!

Este é o cartel que presentei eu:


E este é o que resultou gañador, Noraboa!: 



Aquí vai un histórico das miñas tres propostas de cartel dos anos 2012,2013 e 2014, para facer unha pequena reflexión autocrítica:




    


Penso que o próximo, si  cando toque teño ánimo de me presentar,  vai ter que ser con cores mais vivos  e brillantes. Nesta páxina podese ver a exposición virtual dos carteis presentados nas últimas convocatorias.
A mín os meus carteis  gustanme, pero é certo que vistos entre os outros quizá sexan demasiado escuros e apagados e non destacan moito cando tes que escoller entre tanto cartel.  A fin de contas o obxectivo dun cartel é  que  chame á vista! 
Vou ter que pasarme ao lado claro!






viernes, 6 de junio de 2014

acuarela expres

Sego co novo caderno,  pintei o que vía desde a ventá. 

 O que mais me gusta da acuarela e facer as nubes e os ceos grises, e deses temos  ben aquí inspiración


martes, 3 de junio de 2014

Bosquexo

Pois xa queda estreado o meu caderno novo.
Un bosquexo rapido do meu fillo mais novo, mentres facía  os deberes onte...
Dentro de moito tempo, dese  2 de xuño  de 2014,  dia  no que foron condenados por prevaricación e inhabilitados  sete concelleiros do meu Concello, dunha tacada,  dia tamén  no que abdicou o rei de España, se cadra, solo lembre esto.



domingo, 1 de junio de 2014

La vaquilla de Teruel

Outro concurso de cartel no que non houbo sorte.
Esta foi a miña proposta.

Penso que quedou moi oscuro para un cartel.
De calquera xeito, sin ser como para tirar foguetes, penso que non é peor que algún dos finalistas, pensamento que é o que tira de mín para seguir deseñando e presentando carteis a concursos...

O cartel gañador foi este, "O latido da festa":




Noraboa!