lunes, 26 de enero de 2015
miércoles, 21 de enero de 2015
Os regalos de Tin
Tin é irman meu. Sempre ten un presente feito por él para cada un de nos polo Nadal. Esquecera mostrar os de este ano.
Cando fixo entrega do agasallo eu era a única dos irmáns que faltaba, así que mandaronme por whasap esta foto:
Deunos unha peza do tronco a cada un dos seus irmáns (el quedou sen ela, mágoa, di que non tiña tronco fendido en catro partes).
Agora xa teño a miña na casa:
Cando fixo entrega do agasallo eu era a única dos irmáns que faltaba, así que mandaronme por whasap esta foto:
Deunos unha peza do tronco a cada un dos seus irmáns (el quedou sen ela, mágoa, di que non tiña tronco fendido en catro partes).
Agora xa teño a miña na casa:
Os seus regalos sempre gustanme moitisimo e este gustoume en especial. Estou desexando ver o dia que podemonos reunirnos os irmans de novo para facer unha comellada e levar cada un o seu tallo, e ver como, ao poñelos xuntos, todas as pezas encaixan, e sae unha luz azul (pode que verde) e ábrese un portal dimensional e o cruzamos, e, de repente, aparecemos noutro espazo, noutro tempo, noutra dimensión.
viernes, 16 de enero de 2015
As meninas, Canido
Non é que non teña propósitos, que va. A de cousas a facer que teño en mente! As veces teño o cerebro coma unha macro discoteca, con todas as miñas ideas bailando e dando saltos ao mesmo tempo, bulindo por seren as escollidas para pasar á acción. Non, o que pasa é que non teño tempo. Agora mesmo, e penso que por moito tempo, teño moito mais traballo na casa e tamén moito traballo mais no traballo (si, tengo un traballo fora da casa, cun horario e todo iso) así que o tempo que antes adicaba as miñas maquinacións quedou reducido á mínima expresión. Por facer xa nin fago fotos!
Por outro lado, os nenos van crecendo, e os meus intereses van reorganizandose, e, dalgún xeito, sinto que vou retomando un pouco a persoa que era antes de iniciar o apasionante paréntese da etapa da vida na que tes que lidiar con nenos pequerrechos. Vale, non sei si é un parentese, o un mergullo nunha poza máxica, unha visita ao inframundo, ou unha viaxe inciatica...o único que sei é que é un tempo que non dura para sempre, de feito pasa rápido e veloz!...Cando estas dentro parece eterno, pero de repente, remata e mirando para atrás pareceche un suspiro...Así que poderíamos dicir que estou nunha fase de transición no?
En fin, a mín gostaríame seguir co blog, así que non quero que esto soe como unha despedida, porque non o é. Vou intentar seguir pasando por aquí, ainda que sexa para colgar algunha imaxe, sen comentarios.
E para retomar este ano 2015 con bo pé, deixo as últimas fotos que tomei no 2014. Son dun paseo polo barrio de Canido, en Ferrol, a cidade onde nacín, o último dia do ano 2014. O barrio merece unha visita. Si vades por Ferrol algun dia, preguntade polo barrio das Meninas, pasealo, e disfrutade da fermosa dignidade dun barrio que non quere morrer, e tomade a miña saúde unha cervexa ao sol na praza do Cruceiro de Canido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)