viernes, 23 de diciembre de 2011

Ideas para regalar por menos de 5 € (4)



Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...



Unha arbore de Nadal portátil



Fixen a primeira cando naceu meu sobriño Uli, que naceu case que en Noiteboa hai xa cinco anos, para que a miña irmá a puxera sobre a mesiña do hospital. Tamén caeulle algunha as miñas primas viaxeiras, para que a poideran meter no fondo da  maleta e tiveran un anaquiño do Nadal alá onde estiveran..Mais facil de facer non pode ser, e queda ben ainda para as mans mais  chapuceiras...eso si fai falla unha máquina de coser.


O material necesario é un cartón calquera e un pouco de feltro verde, ou mellor pano de lá , coma os tapetes de xogar as carats. A explicación nas imaxes seguintes. 

É mellor que a árbore teña forma redondeada, logo ao coser os bordes co cartón dentro, resulta mais doado. Non importa acertar moito co borde, despois pódese recortar a silueta cando xa está cosida a tea:









jueves, 22 de diciembre de 2011

Aqueles bolsos de tea, rematados,por fin.

 Aqui van algunhas imaxes dos meus cinco bolsos feitos coas teas do mostrario de tapicería,  as camisas vellas do meu home e cos cinturóns de coiro que fun apañando. Xa as rematara hai algún tempo pero quedaron esquecidas...E agora non fan mais que enredar na casa, xa non teño onde colocar tanta cousa. 
En realidade so mostro catro delas, a quinta quedeima eu e outra sei que a quere miña nai para facer un agasallo este Nadal.  Veño agora mesmo de subilas a miña tenda etsy...Son todas do mesmo estilo pero cada unha é diferente. Gracias o meu asesor  de Curtidos Compostela,  pola súa inestimable axuda coas asas.









miércoles, 21 de diciembre de 2011

Ideas para regalar por menos de 5 € (3)


Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...


Un bastidor de bordar con algo enmarcado


Este xeito de mostrar algo o vira por primeira vez, xa hai tempo, con mostras de tecidos  bonitos, na casa de Amanda Soule (Soulemama, un blog que adoito seguir) e deronme ganas de facer algo parecido. Penso que a idea pode estenderse a moitas cousas, pero é moi axeitada para mostrar o debuxiño dun neno feito sobre tea. Neste exemplo eu copiei un debuxo que tiña dun dos meus sobriños, agora non lembro de cal, que conservei porque me molou e o paseino a unha camiseta de algodón vella. Pero pode facerse o mesmo cunha frase, ou un poema ecrito sobre tea, unha foto transferida, un bordado que se quere conservar dunha peza vella que sei eu, mil posibilidades.


Os marcos de bastidor vendenos soltos, sen pé, en calquera mercería e os hai de moitos tamaños. Faise con eles un marco para colgar na parede moi xeitoso. Este en concreto custou 3,50 €.





lunes, 19 de diciembre de 2011

Ideas para regalar por menos de 5 € (2)

Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...


Unha bufanda transformada


Esta idea non require mais nada que saber facer  trenzas ou nós,  sempre, claro está, que un xa teña na  casa algunha bufanda vella para darlle o toque. Si temos que mercar a bufanda, o custo disparase, claro.

No meu caso aproveitei dúas bufandas vellas que tiña por casa, que xa non usaba moito .

A primeira é unha bufanda que fixera  eu mesma xa hai tempo, que tiña uns flecos moi longos, de cor laranxa, nos extremos. O que fixen neste caso foi unir os extremos a base de facer nós cos flecos, primeiro dividindo en dous cada  fleco, e unindoo ao outro extremo, e logo,  varias veces mais, ata que quedaron unha especie de boliñas de lá como pompóns. Así unida a bufanda colocase como un colar doble, e queda cun ar moito mais moderno. 



No segundo caso a bufanda a transformar foi unha moi longa e moi estreita, tamén cor laranxa, que andaba danzando pola casa e que hai tempo xa que non poñía.  Aquí a transformación consistiu en ir facendo unha trenza, empezando como se pode apreciar, mais ou menos, na foto é unha vez feita a trenza, unila tamén nos extremos ata formar unha especie de colar grande de lá





Cada quén pode buscarlle unha nova volta á súa bufanda, dandolles un novo ar a aquelas que xa non pon tanto. As trenzas e os nós, son  unha posibilidade, pero seguro que hai moitas mais...

domingo, 18 de diciembre de 2011

A nena que asoma a cabeza nesa árbore son eu. Meu pai tenme collida cos brazos en alto, agochado entre as follas , mentres a miña nai  suxeita a escaleira.
O pasado luns, o meu pai faleceu. Pouco a pouco imos afacendonos a idea de que xa non está connosco.Un bico moi forte, papá.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Ideas para regalar por menos de 5 € (1)

Algunhas ideas para regalar no Nadal, por poucos cartos , para facer un mesmo, sen complicarse moito, aproveitando cousas que hai por casa...como por exemplo...


Un gorro feito duns calcetíns
O outro día estiven dándolle voltas a que mais cousas podería facer cun par de calcetíns, aparte do coñecido  mono e pensei que era ben doado facer un gorriño gracioso para un neno, (ou para un maior)


Nesta foto queda resumida a idea:
Tense que cortar os calcetíns pola parte posterior ata a metade do talón, seguindo a liña que se ve na foto.  Despois, dáselle a volta aos calcetíns, e cósense un a outro unindo as dúas pezas pola liña do corte, volvense dar a volta para que queden do dereito e xa temos o gorro feito.

Os pes do calcetín podense agora arranxar de mil maneiras, para darlle un toque simpático ao gorro: facerlle un par de nos, dedeixalos colgando, como unhas orellas, facer un so nó. Na última foto, vai con unhas pelotas saltarinas de goma, para facer un agasallo doble!





A idea pode elaborarse un pouco mais, según a inspiración de cada quen... Por exemplo, pódense usar uns calcetíns dunha  so cor e poñerlles unha tea estampada en contraste na base do calcetín para darlle mais resalte ao efecto orella...e que sei eu...



viernes, 9 de diciembre de 2011

Mini tarxetiñas para as ceas familiares que se aveciñan

Acabo de subir a tenda bigcartel unhas tarxetiñas con motivo navideño, similares as do Nadal pero en pequerrecho. Penseinas para poñer na mesa estes dias tan sinalados que nos  xuntamo moitos a comer e cear, para darlle un toque festivo á mesa. Son tamén chulas, creo eu, para poñer nos agasallos, co nome do destinarario e mesmo unha palabriñas da nosa man, o da man das súas maxestades, se cadra...

Como estou enganchada a esto de facer fotos en plan estudio profesional, tiña pensado poñer unha falsa mesa de Nadal completa,  toda adornada, para facer unhas fotos en plan Jackie Rueda, pola  mañana, con boa luz... Xa tiña na mente varias ideas, acibro, velas....pero logo pensei, ...para o carro! pero tí andavas rapaza! O que fai estar un par de días sen nenos!

Ao final, fun menos ambiciosa e fixen un amago nunha esquiniña, para coller a idea e xa está...


 E este seria o mesmo no  modo "para agasallo"


Cousas que ando a facer estes dias

Teño a casa agora mesmo como a fábrica de papá Noel, so que sen os gnomos a me axudar, je, je...

Nestas datas sempre  fervo de actividade porque teño por costume facer moitos dos regalos do Nadal eu mesma en plan caseiro , e ademais agora tamén fago cousas para as miñas tendas (chúpate esa Amancio Ortega).

 Aproveitei estes dias  festivos para darlle pulo os meus traballos e, coma de costume, en vez de ir rematando algún, comecei outros novos...En fin

Pensando en esto dos pequenos agasallos do Nadal, ocorreuseme que estaría ben para mostrar no blog nas dúas próximas semanas  unha serie cunha idea diaria para facer regalos por menos de 5 €, que é a miña especialidade...Vou darlle voltas ao asunto, non vaia comprometerme a algo que logo non sexa capaz de facer...Non por as ideas, que sumando cousas que xa fixen algunha vez, con cousas que xa tiña no maxín facer, danme para mais de vinte, senon por que me dea tempo para facer as cousas en sí, facerlles unha foto e subilas ao blog, unha cada dia, ni mais nin menos! Pero como levo tanto tempo sen retos, parece que os voto en falta, así que  voume lanzar!

Esto é no que ando a traballar agora mesmo:


 E este é o mini obradoiro que me montei nun recunchiño da sala. No estudio onde temos o ordenador non hai boa luz pola tarde, que é cando eu podo traballar, así que decidín buscar un sitio para montar os meus bártulos, que o estudio xa é como a casa de tócameroque, sempre cheo de xente .

A este curruncho chega ata a última raiola, (cando haina). Ademais, ao estar na sala, síntome obrigada a telo ordeadiño e mono, e sempre, logo de traballar,  o deixo recollido, como debe ser.