Unha bufanda transformada
Esta idea non require mais nada que saber facer trenzas ou nós, sempre, claro está, que un xa teña na casa algunha bufanda vella para darlle o toque. Si temos que mercar a bufanda, o custo disparase, claro.
A primeira é unha bufanda que fixera eu mesma xa hai tempo, que tiña uns flecos moi longos, de cor laranxa, nos extremos. O que fixen neste caso foi unir os extremos a base de facer nós cos flecos, primeiro dividindo en dous cada fleco, e unindoo ao outro extremo, e logo, varias veces mais, ata que quedaron unha especie de boliñas de lá como pompóns. Así unida a bufanda colocase como un colar doble, e queda cun ar moito mais moderno.
No segundo caso a bufanda a transformar foi unha moi longa e moi estreita, tamén cor laranxa, que andaba danzando pola casa e que hai tempo xa que non poñía. Aquí a transformación consistiu en ir facendo unha trenza, empezando como se pode apreciar, mais ou menos, na foto é unha vez feita a trenza, unila tamén nos extremos ata formar unha especie de colar grande de lá
Cada quén pode buscarlle unha nova volta á súa bufanda, dandolles un novo ar a aquelas que xa non pon tanto. As trenzas e os nós, son unha posibilidade, pero seguro que hai moitas mais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario