miércoles, 30 de noviembre de 2011

Novedades na tenda

Pois xa están á venda na miña tenda as postais das que falaba onte. Teño moitas mais que irei poñendo aos poucos en pequenos lotes, agrupadas, coma estas, por temas.
Na modalidade que eu teño da tenda en Bigcartel non podo mostrar mais que cinco productos á vez e unha sola foto de cada un deles. A cousa é tan cutre porque é gratis, se pagase unha pequena cota ao mes, podería subir mais productos e mais fotos deles, pero para o pouco que fago e o menos  que vendo, así  xa vai sobrado. 
Como na foto da tenda non se poden ver as cinco imaxes que contén cada lote, vounas mostrar aquí, desplegadas, por si  alguén quere velas. Aí van os lotes que teño agora mesmo xa en venda:


  • Serie "Nadal" 


  • Serie "Proxecto guía telefónica":


  •  Serie"sketches":


  •  Serie "Carteis":

  •  Serie "A colecion do luns"


Pois esto é o que hai na tenda  nestes momentos. Pinchando na imaxe que teño aí ao lado na barra lateral do blog está a porta da tenda, ou si non aqui mesmo.

martes, 29 de noviembre de 2011

postais

Xa teño preparadas, mentras vou rematando os bolsos (para etsy) , unhas postais moi chulas para a outra tenda ( a de bigcartel). 
Son pequenos lotes de 4 ou 5 tarxetas, nun papel de gran calidade, con imaxes dalgunhas das miñas fotos (están todas en flickr) agrupadas por temas, por unha cara, e pola outra, co deseno da  cabeceira do blog. Teñen as medidas e características típicas das tarxetas postais. Teño varias series, so unha de cada tipo. A min encantanme, son tan brillositas! Aquí pode verse unha primicia:

Estas son co tema do Nadal, son cinco distintas:
Estas son co tema da Coleción do luns, tamén cinco diferentes:
Aquí van os cinco carteis que teño á venda, en pequeniño:

O outro dia preguntabame un cuñado  meu -e sen embargo amigo- ¿ e por qué tes dúas tendas? ¿non chegaba con ter unha? A verdade é que non souben dicirlle moi ben por qué. Simplemente que pareceume mellor así. 

Nunha tenda (Bigcartel) tiña pensado centrarme no deseño grafico, na ilustración, no debuxo, na pintura...Nas cousas que me gusta facer desde que era unha nena ben pequena... Na outra, (Etsy)  a intención era centrarme mais na afición mais recente, na que ainda estou a empezar, que é a costura e o de facer cousas con teas e fíos...ou o que atope por ahí!

En realidade non son cousas tan diferentes, nambos casos trátase de facer cousas bonitas (alomenos para mín) a partir dunha idea ou dun material, mellor si o material xa o teño por casa e  podo transformar algo inservible, algo que está de camiño ao lixo en outra cousa...

Poñer as dúas aficións por separado en dúas tendas pareceume unha boa idea para axudar a ordear a miña cabeza, un pouco caótica, e a que non parecera todo un batiburrillo sin un fio conductor...Ao final, ando a mesturar todo e o único fio conductor que podo atopar  e que teño mais ideas que tempo e mans para convertelas en realidade, pero non me importa moito. Vou paseniño, e si non podo facer as marabillas que teño na cabeza, fago outras , ou aproveito o que xa teño feito.

A tenda é so un pasatempo,  un escaparate (virtual) para mostrar dun xeito ordeado as cousas que vou facendo...que por desgracia, son ben poucas,  porque non teño moito tempo neste intre concreto da miña vida. Pero ter este recunchiño de escape dáme un respiro no bulir diario. Traballar nas cousas que me gusta facer é a forma de relaxación que mellor vai comigo. Cando estou a facer estas- vamos chamarlles chorradas- asubío, canturreo e estou de bo humor. Cando non podo facer estas pequenas cousas, faltame algo. Ir de compras, ou de paseo ou estar tumbada no sillón vendo a tele estrésame moitisimo!

Non sei se xa comentei que agora cambiei o meu horario do traballo...No que mais o noto e que agora cando chego a casa, e podo poñerme ao meu, xa non teño boa luz natural...E eu, sen luz natural, non son naide.

Mañá, cando teña mellor luz que agora vou facer  outras fotos dos lotes de postais  e se cadra unha mostra das imaxes de cada lote e  subilas á tenda. Hoxe non deu para mais.  Vou facer a cea. Ata mañán.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

na tenda pronto


Nestes bolsos ando a traballar para a tenda, feitos a partir das teas da miña colección de mostrarios de tapiceria e cintos vellos de home. Gostame o aspecto gastado e usado do coiro...

As cousas van mais lentas do que me gostaría, pero como sempre, eu, no meu mundo ideal, fago as miñas previsións, e a realidade, que é moi tozuda, fai outras.

De todolos xeitos penso que nun par de dias os bolsos estarán rematados e listos para subir á tenda. A min gostanme moito. Cando estean listos xa os mostrarei.

Logo desta primeira tanda, teño pensado facer mais cousas, todas diferentes...Teño mostrarios para entear a muralla china!

miércoles, 16 de noviembre de 2011

novembro


 A chuvia, o sol e a miña planta de albahaca na cociña  facían unha fermosa imaxe o outro dia. Non puiden resistirme a tirar unha foto.

Tamén ten unha atmosfera especial a piscina universitaria, onde o meu rapaz de 8  vai  nadar. O luns foi a xornada de portas abertas para os pais e tomei estas fotos...Un sitio especial.




Polo demais, sego a traballar nalgunhas  cousas para a tenda, pero si adico un pouco de tempo ao blog, xa non me queda oco para facer mais nada...Non teño moito tempo...

 Xa vou parecendo o coello de Alicia no pais das marabillas verdade?

viernes, 11 de noviembre de 2011

Inauguración

Chegou o gran dia, así que inauguro a miña tenda  Etsy.  Xa está aberta e podedes pasar a botar unha ollada aqui:  www.etsy.com/shop/CousasPequenas

De momento, adiqueime mais ben, como quen dí, á decoración do local, a poñelo a punto e a facerme coa mecánica da tenda, o que se di, mercancía, aínda non teño moita,  hei ir subindo cousas pouco a pouco...pero apetecíame manter esta data tan sinalada.

A tenda etsy vai estar mais adicada a monecos e cousas de costura  e a de big cartel mais centrada en deseno gráfico... por qué? pois non o sei, a verdade.

Este é o banner que fixen para a tenda etsy... Espero que os meus textos  non resulten definitivamente  incomprensibles.O meu inglés é o que lembro da escola, así que xa vos podedes imaxinar...Se cadra o da tenda motivame un pouco para practicar mais. Si alguén ve un gazapo gordo agradecería que mo dixera..Aquí os correctores que teño pola casa non están por botar unha man, tan so escoito risitas e comentarios tipo ...parecen as instruccións dun aparello coreano...







PROMOCIÓN ESPECIAL DE INAUGURACIÓN !
E Para celebrar a apertura da tenda, e premiar a calquera que tivese a paciencia de ler ata aquí, e seguir as miñas andanzas,  gostaríame facer este pequeno agasallo:


A  persoa que deixe un comentario neste blog entre as 11 e as 11:11 no que queda de semana recibirá de regalo o cartel ou o debuxo que elixa dos que teño (ou tiven) en venda en calquera das tendas.


Boa fin de semana!

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Colección Inverness

Estes dias ando moi liada. As miñas rutinas domésticas cambiaron moito nos dous últimos meses, teño un horario de traballo distinto e dispoño, en conxunto, de menos tempo que antes para adicar as  pequenas cousas que adoitaba facer... Eu  tiña a idea de darlle un novo pulo a  miña tenda  Cousas pequenas a partir do dia  11  no que pensaba abrir, seguindo os meus ambiciosos plans de expansión empresarial a tenda en ETSY, para engadir a que xa teño aberta en Bigcartel ...pero non puiden facer, ata agora, casi nada do que eu tiña pensado...Pensei en retrasar a cousa, pero que queres, a data  11-11-11 chámame como imán e vou mantela... Así que agás desastre maior a inauguración da miña tenda ETSY será o venres.

Unha das cousas que estame costando manter é a miña rutina de "Os luns: apunte do natural". Unha porque os luns teñoos movidos e cando podo sentar un momento  xa non teño luz natural para pintar e moito menos para facerlle unha foto despois ao que pinto...Resistome a comenzar a semana sin esa tarefa do luns, pero se cadra, vou ter que facer trampa e debuxar o apunte do natural o o domingo pola máña para mostralo o luns.






Esto que mostro é unha parte da miña colección de mostrarios de teas de tapicería. A maior parte dos mostrarios conseguinos de golpe nunha subhasta en ebay xa hai tempo, e fun completandoa con pezas de aquí e de alá.  Xa non teño moito sitio na casa para acumular mais mostrarios, pero dame mágoa desfacerme deles, porque as aprecio moito, así que pensei que facer cousas para a tenda era un destino axeitado para eles.

A miña idea é ir facendo distintas cousas con esas teas:  monecos, bolsos, eu que sei, o que a tea pida, como diría o outro...

De momento, o que teño feito son estes loros, que xa tiña o patrón d uns disfraces de  pirata para os nenos. Si son quen de completar outras cousas para o venres está por ver...en todo caso, a tenda quedará aberta e pouco a pouco iré enchendoa das miñas cousas pequenas.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

De volta por aquí

Estes dias andiven medio griposa, e non tiven forzas nin de facer cousas nin de contalas...pero parece que xa vou mellor, xa se sabe, con medicación, poste ben nunha semana, sen medicación, en sete dias...Pasada a miña semaniña correspondente parece que vou collendo novos folgos. 

Onte aproveitei que estaba mellor e decidín  facer unhas  fundas para uns coxíns, que tiña pendentes hai tempo. Tiña pensado facerlles hoxe unha foto para poñer aquí o reultado, pero cando me din de conta xa non tiña boa luz para facer unha  foto dos coxíns un pouco xeitosa.

Así que optei por sacarlle unha foto ao ceo que estaba a ver desde a miña cociña, que tiña un efecto moi dramático, e de paso que estaba alí outra foto a nosa planta de albahaca, para darlle un toque de optimismo e esperanza a cousa, que se vía moi negra..

Para compensar, en vez de poñer as fotos dos coxíns, poño un pequeno esquema de como os fixen. É o meu método preferido,  porque non tes que liarte co choio da  cremalleira, que xa son palabras maiores para mín. E a típica funda tipo sobre, mais facil imposible!

Para facer unha funda para un coxín de dimensións A x B tes que facer mais ou menos o que tentei explicar cos meus debuxiños:
Espero que se entenda!