jueves, 23 de diciembre de 2010

Adornos de Nadal ( 2010 )


Este ano non podía ser menos, e teño os meus adornos  do Nadal como todos os anos...Seguindo coa idea de me desfacer das cousas acumuladas, tocoulle aos CD´s. Xa comentara que os teño a moreas... Unha vez dixen no traballo que apañaba os vellos para facer algo con eles e caeume unha caixa con mais de 500 que ían para o lixo...mais os que tiña xa eu , desde que se inventó o CD ata hoxe, que nunca tirei ningún...

Primeiro pensei unilos con fio ou cordón plateado tipo Paco Rabanne pero vin que daba moito choio e pasei a, simplemente, pegalos...Eu non son moito de pegamentos e adhesivos, pero a verdade que acabei rapidisimo e vai moi ben, ríxido e resistente.Fixeno con eses tipo Loctite...apenas unhas gotiñas en cada Cd.

Agora o teño colgando da ventana do estudio...Si tivera tempo, facía un para cada ventana...Gustame moito como quedou... moi navideño..

Tamén sigo coa teima dos arboliños de tea, que son un vicio...empezas e xa non paras...

A illa de Gorm...


Teño un fillo Gormitti adicto, desde ben pequerrecho ( agora ten catro anos) non pediu mais regalo que os Gormittis...Ata agora foi tirando cos monecos en todos os seus tamaños, pero xa quere mais...fortalezas rocosas e illas Gormitti, volcans e templos de Luminor...

Como Rei mago obediente que son, fun mercar unha illa Gormitti para o neno. So quedaba unha na tenda. Moi contenta pedín que me abrira a caixa para ver como era e nese mesmo instante decidín que non, que polo timo da illa Gormitti non pasaba..., Négome a comprar esa  cousa fea, de pésima calidade e ademais  carísima...

Pero como enfocar o asunto? Resulta relativamente sinxelo facer algo moito mellor que a famosa illa na casa, pero o tema pareceume moi arriscado... Calquera que veu algunha vez a cara de desilusión dun neno ao abrir un paquete a mañán de Reis sabe que xurou que por aí non volvía pasar....

Así que decidin darlle ao tema un enfoque direto:
-E si facemos nos a illa Gormitti?
-Siiiiii, vale!!
Sen trauma ningún... ás veces montamonos nos solos as  nosas peliculas



Pois nesas andamos...Ainda non está rematado o choio, porque montar un Resort nas illas deste calibre non é cousa de un día, pero tampouco de sete ...

Cando estea rematado. hei de poñer as fotos..

martes, 21 de diciembre de 2010

caixa para gardar xoguetes...

 Pequeno titorial en imaxes para facer esta caixa de tea, que é verdaderamente facil.

  • Material: teas ao gusto, trebellos de coser e unha carpeta de cartón, das tipicas en tamaño grande (para DIN-A3)
Uf, que preguiza, da mais choio contalo que facelo, a verdade, pero ala vou:
Para facer a bolsa de tea:
En realidade son duas, a exterior (tea das arbores) e a interior(azul). Ao final vaise meter unha dentro da outra.
Faise un rectangulo de altura a que lle queras dar a bolsa (a metade da altura da carpeta, neste caso) e largo dúas veces o largo da carpeta. Coses as teas dereito con dereito( osea, polo reves) por tres lados, facendo unha bolsiña rectangular, mais larga que alta (ollo os neofalantes coma eu coa palabra largo). A do forro (neste caso azul) faise exactamente igual.

Unha vez co rectangulo cosido, dobramos o borde superior e o planchamos para facer, cando chegue o momento o remate.

Abrimos as costuras laterais e cosemos (ver foto) unha liña perpendicular a esta costura, de xeito que lle deamos o ancho desexado ao fondo (ufff, e moito mais facil do que parece, ao revés do que soe dicir o meu amigo Vicente)

Os piquiños que sobran unha vez feita a costura, cortamolos (ver ao final o que fixen con piquiños que sobraron...)

Vale, agora damoslle a volta a tea que vai ir por fora e a outra non, e pranchamos todo, marcando ben as costuras...Este paso é importante, non saltar.

Metemos a bolse do forro dentro da outra e xa está. Fanse unha asas, (fainas como queiras cansome de escribir) e metense entre as duas bolsas, logo cosense as duas bolsas polo borde superior, ese que antes deixamos dobradiño e listo para coser.


Ben,  agora a bolsa está rematada, pero é brandiña, de tea. Para convertila na caixa do principio hai que meterlle o principio rixidizante, que ben sendo a famosa carpeta, que é o quid deste choio, porque resolve o asunto da rigidización dun plis plas, o que tardas en cortala pola metade e metela dentro da bolsa.


Para darlle mais prestanza, podese forrar da mesma tea que o forro da bolsa.
 e xa está...
Este foi un dos regalos que fixemos ao meu sobriño Uli... menos mal que tamén levamos un Playmobil...porque esto o que se di gustar, non lle gustou nada... era de esperar...

Ah, esquecía o dos piquiños sobrantes, aquí están: 

lunes, 20 de diciembre de 2010

O último luns da coleccion do luns.

O 11 de xaneiro de 2010 comecei co meu proxecto "A coleccion do luns" (eu chamolle proxecto a todo), e agás nas vacación de verán e algún que outro despiste fun quen de ir apañando algunha colección todos os luns deste ano 2010. O próximo luns coido que non vou poder pasar por aquí, e hoxe estou sen cámara de fotos, que quedou esquecida na casa da miña irmá... así que pareceume boa idea facer este resume do ano de coleccións... Creo que falta algunha, pero o da orde e a organización, non é o meu forte...

martes, 14 de diciembre de 2010

Facer e desfacer

  Nova fornada de coxíns feitos con camisetas vellas...Teñoas a moreas, os nenos medran e as camisetas non...

Estes dias andamos a facer " feng shui " no carto dos nenos pequenos...Refirome a facer limpeza de xoguetes e libros vellos e desaloxo xeral de trapalladas... a ver si somos quen de deixala tan limpiña e primorosa como as que saen nas revistas, cheas de luz e de vacio...teño as miñas dubidas... pero nesas ando.
 
Cambiei as cortiñas e fixen co colchón da cuna de Miguel  que andaba roldando por aí e unha tea que atopei  nunha tenda de retais un pequeno curruncho para ler.

Mañán vou  rematar o regalo para Uli que está de cumpreanos o sábado, así que o feng shui vai ter que esperar...

lunes, 13 de diciembre de 2010

A colección do luns



Poñendonos  en modo Nadal...



Por certo, Lucía, si andas por aí , feliz dia do teu santo e un bico...volveras a casa por Nadal coma o turrón?

sábado, 11 de diciembre de 2010

nadal

Pois xa teño eu tamén o meu calendario de advento. Non foi sen tempo...levo con el montado varios dias, pero non daba rematado o choio. Fixeno cos petos dos pantalóns vaqueros que tiña por casa da famosa braided rug, que vai camino de  ser un traballo de varias xeracións...a ver si o colle Valentín cando eu estea tan  velliña que non poda seguir...



 Tamén un par de arboliños de tela, para ir facendo a colección...

viernes, 3 de diciembre de 2010

Carta dos Reis...




Por aquí xa non aturan mais...si non me preguntan oito veces ao dia canto falta para Navidad, e que non sei contar...Estou por facer o do Calendario de Advento ese, so para que deixen de me preguntar...

martes, 30 de noviembre de 2010

A volta ao mundo. Plano cenital

Estou facendo un mini curso de fotografia e din con este grupo de flickr, ao que me unín... Cada mes a administradora (Jackie Rueda) propón un tema para as fotos e ao finalizar cada mes anímanos a facer un post nos nosos blogs para comentalas ... Como son unha alumna moi aplicada, aí vai o meu post...

A foto grande é unha das miñas... as outras tres son fotos de outros membros do grupo, que  elexín por afinidade con a miña . Colgué no grupo algunha foto mais... Todas as miñas fotos de A colección do lúns son de plano cenital...así que teño moitas fotos feitas co tema proposto....Desde que comecei a mini clase de Navidad ainda non fixe ningunha foto... Chove e vai moito frio... pero ainda non percebo por aquí o espiritu da Navidade...
É a primeira vez que fago un mosaico... pareceume un pouco laborioso de mais...se cadra é porque non teño moita soltura coas aplicacións de flickr..

lunes, 29 de noviembre de 2010

A coleccion do luns

Barquiños de pau.

Este sábado tiven unha recaida: fun a Reto.

 O lote completo 15 €. Tres marcos de madeira mais unha caixiña plana, que ten dentro un espello...


Creo que vou poñela na cómoda da miña habitación... xa lle buscarei un sitio.

sábado, 27 de noviembre de 2010

proxecto guía telefónica...2




Segue a serie da guía telefónica. Esto é (algo do que ) fixemos esta semán. O penultimo é do "animalario" de Valentín. Miguel uniuse tamén: o seu é o último

jueves, 25 de noviembre de 2010

proxecto guía telefónica...

 En vez de facer os debuxos para o sketchbook project, que é o que tiña que facer, estoume adicando a pintar caras de xente nas guias vellas de telefono que teño na casa (para qué conservo as guías vellas,? pois non o sei, para facer algún dia unha chorrada coma esta, ou como a de dobrar follas ). 

A idea é debuxar caras de persoas diferentes, porlle rostro (inventado) ós centos de nomes que hai na guía e facer unha especie de altered book coa guía de telefonos...A min vaime mais traballar nas cosas sen valor, baratas, papeis vellos, cartóns de camiño ó lixo...non sei...¿terei algún problema psicoloxico?...

O caso é que faltou tempo para que o Val se apuntara. ó das guías vellas... (sí, incríble, tiña mais de unha). El decidiú facer animais inventados por él (penso que esta  condición a  meteu como garantía, pensando que nadie lle poría  reparos ao resultado, si os animais son inventados) 

Empezou por este, que titulou "Animal anfibio (co seu fillo)". A obra rematada inclúe unha cruceciñas vermellas que son a comida dos bichos.
O caso é que hai uns dias, faleille de participar no proxecto  trócocho, (información aquí), do que me falara Amilamia neste mesmo blog pero non o vin   moi entusiasmado...meteulle medo o de "expoñer" a obra... Sempre ten gañas de debuxar e pintar, pero cando sae de seu, non cando llo digo eu, como é normal.

Eu xa tiña esquecido o tema e non lle volvín comentar nada, pero agora púxose coa cousa esta da guía encantado. Está todo fachendoso co resultado do seu primeiro debuxo, así que se cadra, e si chegamos a tempo, aínda pode mandar algún debuxo, pero non o sei..non lle gusta traballar baixo presión...

Aquí estamos co tenderete montado na sala...Menos mal que é a mesa onde ceamos, e que o resto da familia nos forza a recoller cando apreta a fame...


 O caso que estes dias estou debuxando moito, bocetos, ideas, cousas sen pensar, sin ton nin son, a ver que vai saindo...Cada cosa que fago non ten nada que ver coa outra...en fin: non teño un estilo propio, que se lle vai facer...Aí van algunos bocetos destes dias...