martes, 21 de diciembre de 2010

caixa para gardar xoguetes...

 Pequeno titorial en imaxes para facer esta caixa de tea, que é verdaderamente facil.

  • Material: teas ao gusto, trebellos de coser e unha carpeta de cartón, das tipicas en tamaño grande (para DIN-A3)
Uf, que preguiza, da mais choio contalo que facelo, a verdade, pero ala vou:
Para facer a bolsa de tea:
En realidade son duas, a exterior (tea das arbores) e a interior(azul). Ao final vaise meter unha dentro da outra.
Faise un rectangulo de altura a que lle queras dar a bolsa (a metade da altura da carpeta, neste caso) e largo dúas veces o largo da carpeta. Coses as teas dereito con dereito( osea, polo reves) por tres lados, facendo unha bolsiña rectangular, mais larga que alta (ollo os neofalantes coma eu coa palabra largo). A do forro (neste caso azul) faise exactamente igual.

Unha vez co rectangulo cosido, dobramos o borde superior e o planchamos para facer, cando chegue o momento o remate.

Abrimos as costuras laterais e cosemos (ver foto) unha liña perpendicular a esta costura, de xeito que lle deamos o ancho desexado ao fondo (ufff, e moito mais facil do que parece, ao revés do que soe dicir o meu amigo Vicente)

Os piquiños que sobran unha vez feita a costura, cortamolos (ver ao final o que fixen con piquiños que sobraron...)

Vale, agora damoslle a volta a tea que vai ir por fora e a outra non, e pranchamos todo, marcando ben as costuras...Este paso é importante, non saltar.

Metemos a bolse do forro dentro da outra e xa está. Fanse unha asas, (fainas como queiras cansome de escribir) e metense entre as duas bolsas, logo cosense as duas bolsas polo borde superior, ese que antes deixamos dobradiño e listo para coser.


Ben,  agora a bolsa está rematada, pero é brandiña, de tea. Para convertila na caixa do principio hai que meterlle o principio rixidizante, que ben sendo a famosa carpeta, que é o quid deste choio, porque resolve o asunto da rigidización dun plis plas, o que tardas en cortala pola metade e metela dentro da bolsa.


Para darlle mais prestanza, podese forrar da mesma tea que o forro da bolsa.
 e xa está...
Este foi un dos regalos que fixemos ao meu sobriño Uli... menos mal que tamén levamos un Playmobil...porque esto o que se di gustar, non lle gustou nada... era de esperar...

Ah, esquecía o dos piquiños sobrantes, aquí están: 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

quedou ben linda!! vouna meter na carpeta dos proxectos próximos, a ver se son quen de facela.apertas

ro

Ana Rello dijo...

jolines!!! qué pasada... no solo las haces ... que también las explicas!!!! impresionante!.

un beso esther y feliz navidad para ti y todos tus chicos!!!