lunes, 30 de noviembre de 2009

paumes books

estaba a piques de encargalos a Xapón, e mira, atopeinos aquí...a dona da librería é unha fan coma mín e tróuxonos porque lle gustaron...

viernes, 27 de noviembre de 2009

reciclando

Estas imaxes atopeinas na páxina dos instructables, un sitio que visito moito porque é como a enciclopedia universal do "feito a man ó teu xeito". Por fin atopei o truco para reciclar as lámpadas vellas... Cando o tentei pola miña conta fixen unha desfeita que non vexas... Non tiven paciencia de atopar o intringulis para sacar a roscas e os filamentos e abordei o tema ao bruto, como si estivera a abrir unha lata cunha baioneta... e así non pode ser. Xa vou poder darlles uso a aqueles tan grandes que atopara un dia.

jueves, 26 de noviembre de 2009

lampadas

Estes dias fixen experimentos e probas de lámpadas, a partir dun soporte dunha de Ikea que rompera. Ao final, quiteille os paus e aproveitei este frasco de cristal que me dera miña nai. Antes probei coa funda dun sifón que tiña por casa, a atando unha tiras de encaixe que comprara hai tempo en ebay nun lote de restos de merceria.
Tamén ando con gañas de facer unha lámpada cunha camisa, pero para eso teño que darlle mais voltas ao tema, almidonar ou escaiolar e darlle a forma do corpo, para que quede tesa como un fantasma. A camisa esa vai vella, pero sempre me gostou moito...e dame pena tirala. De tanto poñela a tela está case transparente, ...pero eso para a lámpada vai ben...
Por certo atopei un blogue de nome case parecido que me gusta moito:cosas mínimas

martes, 17 de noviembre de 2009

Reto

Non paso unha semana sen ir. Aproveito os sábados pola mañá, que podo ir sola, porque os nenos non acaban de collerlle o puntiño ó asunto, para meu pesar. Creo que esta alfombra é o último que merquei... (si, pasou pola tinturería, mamá) As tendas de segunda mano están a desaparecer da cidade... por que? non o sei, diríase que coa crise e co junkstyle ou o fleamarket tan de moda andarían a florecer, pero non... O rastro de antigüidades que fan na zona vella non me convence, é como de anticuario para turistas... So me queda Reto para ir osmar en persoa, ... e , ebay, claro, para osmar de xeito virtual...

lunes, 16 de noviembre de 2009

il signore della pasta

Il signore coas mans na masa, facendo non sei si fetucini, parpadelle, tagliatelli ou que sei eu... A pasta estaba boísima... cada vez gústame mais esta afeción que colleu a cociña... Si ben, en xeral, ten que collerlle mais o punto ó tema das cantidades...En realidade non cociña, fai experimentos, polo tanto o tema de cuantificar as racións non lle quita o sono, simplemente pon sobre a mesa os seus prototipos...para que o comité de expertos dictaminemos...