sábado, 30 de enero de 2010

O RETO dos sábados (despois) 2 e O RETO dos sábados(antes)3 ..Uff...





   

RETO 3 (antes)
Teño que cambia lo nome do choio, porque estoume a enredar  cos RETOS...
Estes marcos son o que trouxen de RETO este sábado 29 30 de xaneiro..., e no que teño que  traballar esta semana... 

O lote completo 15 €

RETO 2 (despois)
O reto desta semana eran as dúas caixas que atopara no lixo camiño do traballo... Unha está con laranxas na cociña, xa saíu na entrada de onte...

A outra, que era, supoño, dunha botella de viño do Porto, tiña pensado usala de mesiña de noite na cama do neno pequeno, pero acabou sendo outra cousa...Mentres facía probas de como colgala sen andar furando todas as paredes, foi o V. que se decatou  que era como unha  casiña coa súa porta corredeira e todo... A verdade e que enseguida tróuxome á memoria un libro que tiña cando estudaba  e que tiven a paciencia de ir buscar por todo-los estantes da casa e que ao fin atopei:

 

O caso é que a nosa casiña modular moderna quedou así :

 
Pero tamén así:

e así:





PD:  Esquecía unha cousa...

Un saúdo María!, se andas por ahí, manifestate!... atopei un comentario teu nunha entrada antigua hai dous dias, por casualidade...non sabía que estaba aí .... 

Ben pode facer 25 anos o mais que non nos vemos!... Levei unha sorpresa e unha alegría ... 
si que eramos cousas pequenas, cando nos coñecinmos, ben pequenas ...

6 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Ola!!
Entro para saudar, porque tes un blogue inspirador e atopo moitos gustos semellantes ós meus, así que a ver se o bloglines non me traiciona e podo verte a miúdo :)

esther dijo...

ola!
aquí andaremos!

Anónimo dijo...

Mi ma! e que vas facer con todos ese cadros? acumulase o choio! e por certo que baratos..

Pablo
Bicos para todos

esther dijo...

Pablo!!!
es tí?
xa estas de volta do lado escuro?
Un bico!

Anónimo dijo...

Estou, mais bem na zona de grises :-)))
p.

vera dijo...

super !