sábado, 30 de octubre de 2010

cousas que estou seguindo en ebay ...

Teño unha teima coas caixas de costura!... levo seguindo en ebay hai moito tempo este modelo en concreto, pero sempre esta moi solicitada...acada prezos astronomicos que non quero pagar e contentome con seguila cada vez que sae algunha...



 


Teño moitas en seguimento, gustame moito verlles os caixonciños que teñen...



















O outro día vin unha moi similar á aquela pola que tanto suspiro,  pero mais pequeniña, só con dous caixóns...  moitisimo mais barata, e solo tiña unha puxa!...Faltaban 6 horas para finalizar a subhasta e puxei eu tamén... sen moitas esperanzas...pensando que ían sair puxadores de última hora por todas partes ... pero non, hoxe tiña un email dicindo que era pra mín!

Velaí está, que bonitiña, con sus caixonciños e todo! (é  a caixa, todo o demais non va no lote)


domingo, 24 de octubre de 2010

Xa naceu Gael!

Antes do previsto...
Tiña pensado facer un baby sling, como os da miña admirada Ervillha, para regalarlles ó meu irman e miña cuñada. Xa atopara un patron en internet (aquí) e a vista dos acontecementos puxeme mans a obra... acabei polos pelos, xusto para levalo de regalo quentiño... Tiven que facer varios axustes e quedou moi curto...é o primeiro que fago, teño que darlle mais voltas: é mais facil do que parece cando lees as instruccións pero é mais dificil do facil que parece cando te pos co chollo...eu me entendo...

Que pequerrecho é que bonitiño é o meu sobriño!, por certo non lle gustou nada o farrapo, tan pronto o metín alí dentro empezou berrar coma un tolo...se cadra a tea non era moi doce...

Aquí está o baby sling, e unha proba de carga (cunha almofada, no cun neno...)

miércoles, 20 de octubre de 2010

Filtros de café

Teño unha caixa chea de filtros de papel  pero xa non teño a maquina de café...Non os tiro porque sempre penso que pra algo van servir... Este é o primeiro uso que lles dou,  cubrir unha bombilla pelada que teño no pasillo, sempre a espera de cambiar por algo mais xeitoso, cambio que nunca teño o pulo de acometer... Na foto non se ve, pero o cable esta cuberto cunha espiral branca desas de encuadernar...mais reciclaxe non se pode pedir, penso que esto roza xa na cutrería, sen embargo, o resultado gústame...Parece unha lampariña de diseño dun xapones polo menos...

Estas flores, que vin en Desing Sponge están feitas tamén con filtros de cafe tinxidos...fixen ben en guardar os meus..., esa vai ser a proxima...

lunes, 18 de octubre de 2010

A coleccion do luns


Sigo a facer paxariñas para o movil... non creo que chegue as mil, penso que con cen voume conformar ...

miércoles, 13 de octubre de 2010

panel e bambú


Parece que a casa esta a coller un ar xapones...A tea trouxoma unha compañeira de traballo de IKEA (gracias, Pilar) pareceume tan bonita que deume mágoa cortala e fixen un panel para a parede, coma si fora un tapiz...O das canas de bambú .. as vía por ahí nas consultas do dentista e nas peñluquerías e pensaba que eran de plástico... e sei que son de verdade! .... o que é a ignorancia...As camelias son da casa dos meus pais..A garrafa de boca ancha, como non, é de RETO...

jueves, 7 de octubre de 2010

nubes e mandís...

     
  Estas nubes van ser para Gael...que pronto estará connosco...un bebe na familia outra vez, que ben!

E este mandil xa está en mans de Uli, que vai  a clases de cociña e nos fixo unha madalena xigante o outro dia...

A idea das nubes saíu de La casita de Wendy e a do mandil, dun pano de cociña da miña coleccion particular...