jueves, 30 de mayo de 2013

ranitas



Hai tempo que non paso polo blog porque ando moi liada. Estiven traballando no deseño de uns carteis para presentar a varios concursos ( todos coinciden en maio, non sei que pasa) e no deseño da tea para o concurso semanal de Spoonflower. Os deseños dos carteis non os podo mostrar ainda, pero a tea si. O tema proposto para esta semana era as rás. Os nenos din que mais que rás parecen tartarugas pero non creo que me descalifiquen por eso, ben se lles ven as patiñas no?

Visto o traballo feito, decátome de todo o que está mal e que habría que corrixir, o que penso que é boa sinal. Canto queda por aprender ainda !
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Pequenas correccions na cor sobre o primeiro deseño...


viernes, 17 de mayo de 2013

casi un Seurat





desde a miña ventá, o outro dia, cando parecía que por fín chegaba o verán e non chovía...

martes, 14 de mayo de 2013

Concurso semanal de spoonflower: mitos griegos

Este é o meu deseño para o concurso semanal de deseño de teas de Spoonflower. O tema proposto é "Mitos gregos".

Aproveito cada concurso destes para aprender cosas novas. Aquí estiven practicando nos patróns de repetición con texturas.

A foto orixinal, (uns brochazos sobre un cartón) antes de traballar nela,  era esta.

O das texturas e a creación de motivos para a súa repetición é moi divertido e superadictivo. Tiña feito este outro, para encher con barcos e rieas, pero non me deu tempo a mais...Esto de ter un concurso á semana, ainda que te saltes algún, e un ritmo agotador. Ademais estou traballando tamén  para o concurso de carteis da Semana internacional de cine de autor...

Este é outro fondo no que estiven traballando, a partir dunha textura feita con un par de brochazos. Ao final, descarteino, pero queda aí na miña biblioteca de fondos para outra vez.
Este fondo fixeno a partir desta textura, feita tamén cuns brochazos:



sábado, 11 de mayo de 2013

aniversario

Hoxe despertei con esta  plantiña que me ragalaron os pequenos e co precioso libro Estampación e deseño textil de Melanie Bowles, que me regalou o seu pai.

Como hoxe era o meu dia decidín darme un homenaxe e fun a  Reto e mesmo merquei algunha cosiña. Este é parte do lote:

Os platiños de escenas gregas non os tería comprado se o concurso de teas desta semana de Spoonflower non fora os mitos gregos.. Foi como unha sinal do destino, ver todos estes pratos alí. Aquí esta parte do lote grego despregado:
 Tamén ía no lote un método de corte dos anos cincoenta...


E este cartel, que vai  que nin pintado para poñer na  miña cociña, vistas as  queixas que teño ultimamente polas  miñas creacións culinarias
E como sempre quixen ter un abano, que mellor que coller este, coa súa caixiña orixinal:

En fin, un dia tranquilo, cos meus, con risas e bos momentos...Hoxe foi un bo día

domingo, 5 de mayo de 2013

Pequenos placeres


Leer este libriño de Willian Morris, ao sol, tomando uunha caña, nunha mañana de domingo ou recibir este fermoso regalo inesperado das mans do seu autor:


Grandes praceres, en realidade.

miércoles, 1 de mayo de 2013

abril

A principio de ano fixera un propósito para cada mes, coa idea de rematar cousas empezadas o inciar algun proxecto dos que sempre quero facer e nunca atopo o momento adecuado. En abril tocabame facer algo coas teas dos corazóns, que fixera no curso de serigrafia no taller Do Paraná. 

Esto foi o que fixen. Teño dous corazóns mais que non tiven tempo de facer. Penso que a idea é mellor que a execución. Nunca fixera un moedeiro destes e ten o seu aquel. Os patróns fixenos eu, un pouco ás bravas, e notase que teño que traballar ainda un pouco mais a cousa. O bolsiño grande tiña que ter forma de corazón e na miña cabeza a tiña, pero logo, na realidade, quedou un pouco torto . Pero agora creo que xa sei como hai que facer. Os próximos moedeiros que fagan xa van ir niquelados, ou eso espero...

 
 


 Vamos polo reto de maio, que creo que era facer algo cos puños das camisas vellas ....Lembro que xa me dera Raquel dos Tartarouchos unha boa idea ...