miércoles, 1 de mayo de 2013

abril

A principio de ano fixera un propósito para cada mes, coa idea de rematar cousas empezadas o inciar algun proxecto dos que sempre quero facer e nunca atopo o momento adecuado. En abril tocabame facer algo coas teas dos corazóns, que fixera no curso de serigrafia no taller Do Paraná. 

Esto foi o que fixen. Teño dous corazóns mais que non tiven tempo de facer. Penso que a idea é mellor que a execución. Nunca fixera un moedeiro destes e ten o seu aquel. Os patróns fixenos eu, un pouco ás bravas, e notase que teño que traballar ainda un pouco mais a cousa. O bolsiño grande tiña que ter forma de corazón e na miña cabeza a tiña, pero logo, na realidade, quedou un pouco torto . Pero agora creo que xa sei como hai que facer. Os próximos moedeiros que fagan xa van ir niquelados, ou eso espero...

 
 


 Vamos polo reto de maio, que creo que era facer algo cos puños das camisas vellas ....Lembro que xa me dera Raquel dos Tartarouchos unha boa idea ...


No hay comentarios: