martes, 14 de mayo de 2013

Concurso semanal de spoonflower: mitos griegos

Este é o meu deseño para o concurso semanal de deseño de teas de Spoonflower. O tema proposto é "Mitos gregos".

Aproveito cada concurso destes para aprender cosas novas. Aquí estiven practicando nos patróns de repetición con texturas.

A foto orixinal, (uns brochazos sobre un cartón) antes de traballar nela,  era esta.

O das texturas e a creación de motivos para a súa repetición é moi divertido e superadictivo. Tiña feito este outro, para encher con barcos e rieas, pero non me deu tempo a mais...Esto de ter un concurso á semana, ainda que te saltes algún, e un ritmo agotador. Ademais estou traballando tamén  para o concurso de carteis da Semana internacional de cine de autor...

Este é outro fondo no que estiven traballando, a partir dunha textura feita con un par de brochazos. Ao final, descarteino, pero queda aí na miña biblioteca de fondos para outra vez.
Este fondo fixeno a partir desta textura, feita tamén cuns brochazos:



1 comentario:

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Un homenaje a la portada del "Tommy" de los Who ?
http://1.bp.blogspot.com/-QwEwP-YaCvg/Tfay24yCo4I/AAAAAAAAAZI/ubvBpiNppGA/s1600/tommy.jpg
Muy bueno !!!!