sábado, 15 de febrero de 2014

laranxas




Agora que sei que as ciclogénesis explosivas son as galernas de toda a vida, síntome mellor. Levo un mes cruzando a praza do obradoiro para ir traballar como si fora ao timón, pilotando un navío... Ao rematar a costa do Cristo entras no efecto tornado, e xa te sae a conta pechar o paraugas, porque mollada vas acabar igual, pero polo menos non saes voando.

Con este tempo terrible, góstame especialmente estar na casa e mirar desde a ventá como caen chuzos de punta e a xente corre pola rúa pelexando cos paraugas mentres eu estou quentiña na casa. Ademais, cando sae unha raiola parece que todo mellora. A ver si remata este tempo gris e escuro, onde o mais cálido e luminoso que podes sentir e a luz que se pousa nas laranxas...

Miro as laranxas e síntome mellor, pero logo miro as árbores que se ven desde a miñá ventana e volvo sentirme mal, porque se cadra, en pouco tempo, esas árbores xa non van estar ahí, e sinto una especie de opresión no peito, e dame por pensar, si saise un pouco o sol, estou segura de que nada de todo isto parecería tan terrible...

martes, 11 de febrero de 2014

Mais ratos

Onte estaba eu moi entretida e feliz nun recuncho coa agulla facendo ratiños cando o Meu.  preguntoume ao pasar  -E para qué fas todas esas ratas? Xa non me gustou nada que lles chamara ratas, porque vese ben que son ratiños feitiños e non ratas pelachas, pero non perdín a compostura e dixenlle que eran para a miña tenda etsy, para vender. Ah... e xa vendiches algunha ? A pregunta pareceume de moi mal gusto, porque cae de caixón que si fago os ratos para vender na miña tenda é que non os fago en realidade para vender, pero  el -estou segura- non entendeu a miña explicación. Ai... estas mentes racionais! canta explicación necesitan!

Eu mesma, ao ver a morea de ratos que teño xuntado, apilados todos xuntos na mesa, a cantidade de monos estivados que teño,  e todos os calcetíns atesorados a espera de facer novos monecos  din en cavilar... e non estarei toleando?  Despois tranquiliceime: si esta vai ser toda a miña tolería, tampouco parece perigosa...Pero ainda así , ando co run run na cabeza: .todo este afán por facer mais e mais monecos...qué sentido ten? Será sintoma de algo máis grave? 

Pero o caso é que, cando os fago, síntome ben: parecenme algo sinxelo, bonito, util, -é un xoguete, ou non?- lonxe das enrevesadas voltas e argumentos cos que as veces tes que lidiar no dia a dia. Gostame traballar coas mans. Gostame  pensar e facer os meus monecos e ademais, parecenme bonitos,  e gustame velos aí, todos xuntos en ringleira, e gustame facerlles fotos para subir a tenda...e a quén lle importa?  



 Ademais saironme dous axudantes de atrezzo que comparten a miña diversión ao preparar a escea para as fotos. Esta coa mazá foi idea de Val: 




E aquí temos un casteller fallido, tamén do V.


 Aquí as propostas de Migui 



Pois eso, o dito, cada tolo coa súa teima, e a miña xa está  na tenda etsy de cousas pequenas!
Se alguén quere botar unha ollada a tenda, na barra lateral hai un enlace.


viernes, 7 de febrero de 2014

Algunhas ilustracións con olas...

Estas son algunhas ilustracións que teño entre os meus favoritos de etsy:

Esta é unha obra de Amanda Blake, que se pode atopar na súa tenda thisisalliknow



Esta é unha ilustración de Kate Fensom, titulada A Dam Bursting, que tamén ten á venda na súa tenda Etsy



Por último esta otra ilustración é da artista Valeriane Leblond  e titulase (si non troco as letras)
'Yng ngwâl y lleuad', tamén podese atopar en etsy