sábado, 29 de mayo de 2010

RETO 13

Isto é o que trouxen de RETO hoxe...deixei alí con moita dor de corazón unha colección de cunchas que ocupaba tres estantes...  algunhas delas xigantes

miércoles, 26 de mayo de 2010

o meu xardin de herbas


Vou tentalo outra vez...temos que artellar un sistema de rego para cando  vaiamos de vacacións...se non, non hai herba que dure

lunes, 24 de mayo de 2010

A colección do luns


Neste blog , atopei unha boa idea para mostrar a miña colección de panos de man...xa sabía eu que non podía ser  a única a coleccionalos:



































Photo credit: Sarah Hartill. DIY Editor: Michael Penney

domingo, 23 de mayo de 2010

RETO dos sábados...tampouco este

Hoxe non puiden ir a RETO, e ademais os retos inversos os teño atascados, porque non é cuestión porse facer limpeza de primavera na casa xusto cando convocan unha folga de recollida de lixo e tes que sortear piquetes no punto limpo... Parece ser que a folga rematou, así que retomarei con mais bríos o tema... ainda que con esta calor que esta a facer volvinme un pouco preguiceira... De momento teño moitas cousas atrasadas, así que sigo cos RETOs 11 e 12, que vaan leeentos, moi leeentos...

Pintei a caixa (creo que era dun xamón) de branco e puxenlle   unha bisagra hidraulica....Non sen como fixen, pero logo de montar a bisagra  sobroume unha peza...Sen embargo, ir , vai ben....

Atopei esta lámpada no blog de Design Sponge é chulisima e deume unha idea ...teño que facer  eu algo parecido, mais pequeno, con velcro branco...
 A idea orixinal, segun conta Design Sponge é de Rachel O´Neill, ten outras tamén moi chulas.

viernes, 21 de mayo de 2010

A voltas coas fabas...

 
Fai moita calor......Temos folga de recollida do lixo vai xa para 10 dias e a rúa comeza cheirar...As plantas que teño na cociña están secas e cocidas...Tocaba xa darlle un repasiño ós nosos proxectos de hortas e plantacións ...agora é cando se agradece o verde e o frescor...

De momento, os únicos arranxos feitos  foron quitarlle as follas secas as plantas que xa temos e cambialas de sitio (en realidade, todas os nosos proxectos decorativos consisten en trocar de sitio as cousas que xa temos)

Tamén  á vista do éxito de produción das fabas de Eroski  (que é case o único que logramos producir nesta especie de invernadoiro- forno que temos) imos seguir por aí, que medran axiña e teñen un verde moi bonito... O Val e o Miguel apuntáronse, como non,  ao das fabas, e plantaron cadanseu a súa .Esta vez non son de Eroski, son marca El Hostal, a ver que tal ...
A idea de porlle o nome os tiestos foi do Val...desde que sabe escribir non para de facer etiquetas e deixar notas.....

martes, 18 de mayo de 2010

xoguetes

O dia do meu aniversario recibín por email  (gracias meniheira) o agasallo que o meu fillo mais pequerrecho ten entre as mans...Gustoume moito, porque é bonito, e, sobre todo, porque é a semente dunha idea...Foi velo e imaxinar  vermes saíndo de mazás, caracois botando os cornos ao sol...bailarinas de can-can bailando no Moulin Rouge coas pernas o ar...

É curioso pero a maioría das veces os xoguetes para os pequenos son , como dicir, de punto morto...O proceso remata no propio xoguete... están xa pre-pensados pre-definidos e pre-xogados e so cabe que o neno repita mecanicamente os poucos movementos que del se esperan... Eses xoguetes nunca provocan a variación a desviación  ou a recreación...e cansan pronto.Outros sen embargo, forman parte de nos, acompáñanos sempre e son capaces de cruza-la ponte que nos separa da edade adulta...



viernes, 14 de mayo de 2010

asuntos propios

Estes dias fallounos a conexión a internet...ao parecer, algo pasa co microfiltro ...
Ter un microfiltro no telefono faime sentir coma si fora Bond, James Bond...en fin...
Vamos estar fora  uns dias...Espero estar de volta o luns, 17 de maio, as 12 , na Alameda...

martes, 11 de mayo de 2010

efectos consonantes

O meu fillo maior faloume onte dun tal Nach , que é rapero, moi entusiasmado, e mostroume un video de youtube no que facía un xogo de letras, nunca mellor dito...Collía unha vogal e facía un Rap empregando somentes ese vogal en todas as palabras...Sei que o tipo é moi famoso, pero a verdade é que eu nunca oirá falar del... O neno, que ten 11 anos, dicíame, ves mamá, todas as palabras so teñen o a, e o que di ten sentido... e ademais non di tacos, vale,  so algún, pero a maioría son palabras de verdade... E ten outra de dificultade 8 ou 10, que somentes emprega o e...


A verdade  é que me gustou...Díxenlle ó neno, vale, vamos facer nos un xogo tamén...algo como fixo el...por exemplo vamos inventar a letra dun Rap no que todas as palabras comecen por P, ou por S, por exemplo, pode ser divertido...

Mamá -díxome o neno- ten que ser un Rap, non vale falar de flores e paxariños, xa sabes, son mais ben letras ...non sei ...non pegaría si o fas como un poema calquera...

Picada no meu amor propio, puxeme mans a obra, e aí vai o meu Rap, sen flores nin panxoliñas...( en castelan, que é como o escribí)

Efectos consonantes I. Nivel de dificultade 6.  Letra S

Solitarios sinpapeles sudan sabiendo su sangre sospechosa
Sapos sanguinarios seducen señoritas segregadas
Satanes sindicados sugieren soluciones sangrando siervos
Sotanas sibilantes salpican salvación sobre santificados sodomitas
Solos, sucios, sin socios, suplicamos saber sobrellevar sanciones seculares...

Supimos superar siglos sangrientos
sinembargo seguimos sometidos sojuzgados somnolientos...
Solitarias sirenas sin sentido surcando sueños
Si, sabremos seguir, surgiran sendas seguras
sobreviviremos, sentiremos, somos, seremos, seguiremos...

Xa sei que sin embargo (e sin papeles) vai separado, é unha pequena licencia rapera...

Hoxe é o meu cumpreanos...os nenos o o seu pai regalaronme esta fermosa ferramenta:

Agora si que necesito o taller, este é o comezo dunha nova era...

lunes, 10 de mayo de 2010

A colección do luns

Selos vellos...pasou o seu tempo...


Funos conseguindo aquí e acolá, pero o pequerrecho da esquerda era do meu uso persoal..., regaláronmo cando tiña 14 ou 15 anos...para poñer nos meus libros De la colección de...Teño todos os libros desa época estragados, co meu nome impreso por todas partes...

viernes, 7 de mayo de 2010

RETOs 11 e 12...estamos trabajaaando en ello...

Non esquecín os últimos RETOs que tiña pendentes, que estou combinando cos  RETOs  inversos, e dicir, os Retos de ir desfacendome de cousas...Hoxe traballei na mecedora do Reto nº 12...Aproveitei unha tela que xa tiña na casa, mercada hai algúns anos no mercadillo de Vilagarcia (que visito moito no verán...)

O Val, moi perspicaz, observou: xa sei, mamá! estás cambiando unha cadeira de outono por unha de verán...non?

Así quedou:
e así era:
 Aquí parte do proceso:

lunes, 3 de mayo de 2010

A colección do luns...( e un pequeno tutorial...)


O pequeno tutorial vai da alfombra trenzada... a famosa braided rug.
A tartaruga  dos tartarouchos animase co tema e píde explicacións de como facer, e aí van, pero non ten ciencia ningunha, ademais de que eu non son ningunha experta, simplemente unha aficionada ...

Hai que facer tiras anchas coa roupa vella, (neste caso pantalóns vaqueiros) e unilas ao bies, ata formar  tres bandas continuas de tela . Para o corpo da tela vaqueira, eu fágoas duns 10 cm de ancho, (ou para ser mais sincera, como cadre) Estas bandas dóbranse ao largo de xeito que queden os bordes no centro e vólvense dobrar para que os bordes sen rematar queden ao interior da especie de corda que estamos a facer, e faise un rolo con cada banda... Despois, non hai mais que ir facendo a trenza, como cando peiteas unha rapaza...Aquí coidado, porque os tres rolos van enredarse, pero non hai outra que ter paciencia,  eu non sei outra técnica... Hai que facer tanta trenza como queiras de tamaño a alfombra... Despois únese a trenza enrolandoa sobre si mesma e cósese -ao parecer- cunha agulla curva que venden ao efecto... Eu xa teño a agulla curva atopada nun tapiceiro dos de antes...(gracias Javier) pero a esta fase aínda non cheguei...sigo na fase  Rapunzel

Si non se atopa roupa vella dabondo tampouco pasa nada por ir mercar uns metros de loneta nunha tenda de telas, que ao fin de contas viven da xente como nos, que gustamos de facer as cousas na casa...Esta loneta tería que cortarse en tiras e proceder como antes.. (hai un xeito de facelo, continuo,  que parece maxia, pero agora mesmo non sabería explicalo...)
Eu teño este libro que explica como facer estas alfombras e outras de outro tipo. Merqueino en ebay de segunda man por catro patacóns...Debe ser fácil de atopar Poño algunha foto, porque se entende todo mellor coas imaxes que falando.






Boa sorte!

domingo, 2 de mayo de 2010

limpeza de primavera

Esta fin de semana estivemos con febre limpadora, eu no estudio e o P. no trasteiro...
Empecei unha guerra e xa non hai volta atrás... a batalla de hoxe foi dura, porque foi a primeira...non sei se a gañei, pero abofé que a librei...Hei baleirar ata o último caixón, ata o último armario...Pero, ten que ser  a modiño, hoxe quedei rendida...Desfacerme das cousas cústame moito...téñolles  apego... Hoxe tirei con cousas que carreto comigo, mudanza tras mudanza,...desde hai vinte anos...

A lo menos, conseguín deixar a miña mesa de traballo despexada e ordenar un pouco a metade da parede que me toca a min...O P. di que segue estando abigarrada, pero que queres, mais, nun so dia, non se  me pode pedir...


Ademais, recibín este regaliño de Miguel, dentro había un abano en forma de flor que dicía.. Eu teño laranxas, eu teño limóns, eu teño unha nai que vale millóns!

sábado, 1 de mayo de 2010

Mayday

Mayday mayday mayday!!!, tres veces seguidas, significa chamada de auxilio...situación de perigo inminente. May day é, por outra parte, o primeiro dia de Maio, o dia do traballo e tamén o dia de os maios......Hoxe síntome en mayday o mires por onde o mires... Retos atrasados... toda a semana ocupada correndo de aquí para alá, a casa chea de caixas e trasgos, moreas de papeis.....Teño unha necesidade urxente de ordenar un pouco, despexar o espazo....e facerlle sitio a primavera

Así que, como hoxe é primeiro de maio e non abre RETO, en vez do Reto dos sábados vou propoñerme un reto inverso.... Vou elixir varios puntos quentes de desorden na miña casa e adicarme a baleiralos, deixalos limpos, frescos e ordenados...(na medida das miñas posibilidades claro),...Por exemplo, estes...(deste tipo, teño moitos)


Vémonos o domingo ...a ver como foi a cousa...