O pequeno tutorial vai da alfombra trenzada... a famosa braided rug.
A tartaruga dos tartarouchos animase co tema e píde explicacións de como facer, e aí van, pero non ten ciencia ningunha, ademais de que eu non son ningunha experta, simplemente unha aficionada ...
A tartaruga dos tartarouchos animase co tema e píde explicacións de como facer, e aí van, pero non ten ciencia ningunha, ademais de que eu non son ningunha experta, simplemente unha aficionada ...
Hai que facer tiras anchas coa roupa vella, (neste caso pantalóns vaqueiros) e unilas ao bies, ata formar tres bandas continuas de tela . Para o corpo da tela vaqueira, eu fágoas duns 10 cm de ancho, (ou para ser mais sincera, como cadre) Estas bandas dóbranse ao largo de xeito que queden os bordes no centro e vólvense dobrar para que os bordes sen rematar queden ao interior da especie de corda que estamos a facer, e faise un rolo con cada banda... Despois, non hai mais que ir facendo a trenza, como cando peiteas unha rapaza...Aquí coidado, porque os tres rolos van enredarse, pero non hai outra que ter paciencia, eu non sei outra técnica... Hai que facer tanta trenza como queiras de tamaño a alfombra... Despois únese a trenza enrolandoa sobre si mesma e cósese -ao parecer- cunha agulla curva que venden ao efecto... Eu xa teño a agulla curva atopada nun tapiceiro dos de antes...(gracias Javier) pero a esta fase aínda non cheguei...sigo na fase Rapunzel
Si non se atopa roupa vella dabondo tampouco pasa nada por ir mercar uns metros de loneta nunha tenda de telas, que ao fin de contas viven da xente como nos, que gustamos de facer as cousas na casa...Esta loneta tería que cortarse en tiras e proceder como antes.. (hai un xeito de facelo, continuo, que parece maxia, pero agora mesmo non sabería explicalo...)
Eu teño este libro que explica como facer estas alfombras e outras de outro tipo. Merqueino en ebay de segunda man por catro patacóns...Debe ser fácil de atopar Poño algunha foto, porque se entende todo mellor coas imaxes que falando.
Boa sorte!
1 comentario:
Jolín, que rápida! Moitas grazas!!
Así que hai que facer unha fita bies coa tea! Xao sei facer, e a maneira máxica tamén, pero é un rollo explicala sen debuxos, tes toda a razón.
Moitas grazas por todo Esther! Se me decido aviso, eh? ;)
Publicar un comentario