miércoles, 16 de abril de 2014

Deseño dunha bolsa

O deseño Lirios  segue en votación en Spoonflower  está semana, pero  xa enviei o novo deseño que se poderá ver penso que a partir de mañá xoves (parece que en Durham, Carolina do Norte, onde está a sede física de Spoonflower, non celebran moito a Semana Santa)

O tema do concurso semanal que se poderá votar a partir desta noite o mañana,  era facer un patrón dunha bolsa da compra, para cortar nunha yarda de tea co obxecto de conmemorar a Dia da Terra, que se celebra o 22 de abril.

Este é o deseño que mandei, mais simple non pode ser, fai honor á súa propia mensaxe:


A ilustración está feita a partir duns signos debuxados cos dedos, cos que tamén escribí as palabras Need e Less.

All you need is less (coa música dos beatles, claro está) Sempre gustoume esta frase que xa vira por ahí. E gústame a bolsa porque é coherente coa súa mensaxe, de feito estaba buscando un pincel mais gordo co que uso para os meus bocetos de acuarela para facer eses brochazos e non atopei ningún que servira, así que mirei as miñas mans e apliqueime o conto.

Agora que vexo aquí o deseño, observo que as asas teñen unha cor distinta...Non era un efecto buscado, pero tampouco importa moito.

Estes son os signos feitos cos dedos e acuarela azul sobre un papel, que despois trasladei ao deseño.



martes, 15 de abril de 2014

casadetín

Esta fin de semana celebramos unha comida familiar polo cumpre do meu sobriño Román ...Fixemola na casa de Ferrol, na horta, na mesma horta pola que enredabamos de cativos. Cando nenos era un lugar de aventuras...A chamabamos a horta, pero era mais ben un xardín abandonado, salvaxe,  que ninquén cuidaba...onde xa xogara o meu pai de neno. Agora so queda unha parte mais pequena pero está ahí..E a  cuida o meu irmán Tin ,  por fin é unha horta de verdade e un bonito xardín...







 E aquí está o ultimo detalle que puxo Tin no seu taller, unha chave inglesa vella a modo de manubrio para a porta...queda ben verdade? Coido que me gostaría mais pintada de negro ou mesmo enferruxada ..pero é que eu xa estou pasada de volta...estoulle collendo tirria a todo o que é reluciente e ten pinta de novo, e iso tampouco pode ser...

lunes, 7 de abril de 2014

traballo dixital...

...Sobre a acuarela base que mostrei onte. Este é o rapport que montei. Engadín uns talos verdes para darlle mais movemento, retoquei as froles e metín algún elemento de recheo para equilibrar o conxunto. Este é o resultado. Mañana, que será outro dia, subirei o deseño final ao concurso, que será unha repetición deste:


domingo, 6 de abril de 2014

deseño textil: lirios

Mentres está en votación o deseño das baleas do martes pasado, (se queredes votar podedes facelo aquí ) estou a traballar no novo deseño co tema proposto para a semana que ven, que é floral: lirios. A verdade que é un ritmo frenetico o de facer un deseño cada semana, pero si non fago algo así, vaiseme a cabeza a maquinar noutras cousas e prefiro debuxar e pintar.

Esta vez fixen un boceto base en acuarela e agora vou traballar nel co ordenador. Estou totalmente enviciada coa acuarela (gracias Andrea!)...Penso para mín que os que pintamos -algún dia- ao oleo, coma mín,  tendemos a mirar con certo desdén aos acuarelistas...que erro mais grande!! Eu, decididamente, paseime a acuarela...Canto queda por aprender e practicar, que guay! 

Aquí está o  esbozo que fixen  para construir o meu rapportt. O papel de acuarela acabouseme, así que fixen o boceto nun papel que non era moi axeitado...Agora vou traballar sobre esto con photoshop e a ver como queda ao final...Xa o mostrarei





martes, 1 de abril de 2014

Baleas


Hai tempo que non participaba nos concursos semanais de deseño textil de Spoonflower...e o votaba en falta.  Nesta semana ainda están co concurso anterior "Wellies e galoshes" (tiña un deseño moi cuco dunhas botas de auga, mágoa que non chegara a tempo), pero a partir do xoves, penso que xa se mostrarán as teas dos participantes  desta semana. O tema proposto  era "Whales" e dabase unha paletas obrigatoria de 4 cores máximo   mais o branco, que son os que leva o meu deseño. 

Aquí está a miña pequena wally, navegando soliña polos sete mares: