viernes, 26 de septiembre de 2008
xa naceu o perexil
Non hai moito fixemos unha sementeira de herbas aromáticas. Non sei por qué, do mesmo tipo, unhas naceron e outras non, tendo todas os mesmos coidados...
Agora tamén temos peces...Os nenos quedan quietiños mirando para eles como si fora a televisión...Están a cargo do irmán maior e, a verdade, estou agradablemente sorprendida do responsable que é no seu coidado... ¡os pececiños están que da gloria velos!
sábado, 20 de septiembre de 2008
...decíamos ayer...
O verán xa queda lonxe... a mudanza xa foi...pero aínda andamos a reconfigurar as nosas vidas...
Pouco a pouco cada cousa atopa o seu novo sitio, as caixas van desfacéndose, o ordenador deixa de estar no chan e sube a unha mesa... e entre a montaxe dun moble e a colocación dunha lámpara vai aparecendo o tempo e o lugar donde sentarse a escribir estas liñas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)