lunes, 1 de diciembre de 2014

Adeus novembro! benvido decembro!





O noso parque  ao atardecer, cando luce o sol...
Nunca canso de mirar  estas árbores!

E estas son as arbores de tea que teño na cociña. Eran -en teoría- un adorno de Nadal, pero   levan aí postas  toooodo o ano.. Agora que chega o Nadal de verdade vamos ter que inventar outro adorno!


                                                 

viernes, 28 de noviembre de 2014

Cousas que ían camiño do lixo


Unha das dúas varas de bambú que tiña no meu despacho, no traballo, secou. As dúas estaban no mesmo vaso e recibían os mesmos cuidados (o sexa, ningún, agás o vaciado esporádico dos restos dunha  botella de auga), pero unha está frondosa e exuberante e a outra, secou.
O eso creía eu. A trouxen para a casa  e mais por preguiza que por outra cousa a deixei nunha botella na galeria da cociña, en vez de botala ao lixo, que era o seu destino. Ao poco tempo  daquela  vara seca e revenida saíron un par de follas novas e ao tempo moitas mais e mesmo uns brotiños novos no pé, así que alí segue a miña planta de bambú, agora por dereito propio.
Un daqueles brotiños verdes (ai!...tanto esperar por eles e os tiña eu na miña cociña) é o que metín na última bombilla que penso conservar, no último  armazón que vou deixar de tirar  ao lixo para facer una pantalla dunha lámpada que nunca farei.



martes, 18 de noviembre de 2014

Pareidolia

Non é o nome dunha enfermidade, pero o parece, e eu teño unha Pareidolia subida.
E moi divertido recoñecer caras e figuras nas manchas da parede, nas nubes, no mobiliario urbano... Ata  hai pouco non sabía que eso, que é unha das miñas aficións favoritas, tiña nome!

Esta é unha mancha nunha parede que vimos hoxe Miguel e mais eu, de camiño de volta a casa.

E estas son (algunhas das) cousas que imaxinamos...


Por exemplo un oso polar comendo un xeado



Uns bailarines namoriscados 



A caricatura dun vello (ten un ar co Papa non?)...



Un caco un pouco bruto



É divertido, a verdade!


lunes, 17 de noviembre de 2014

Bolsa deportiva fácil (tutorial)

Este foi un encargo especifico do meu fillo Val.  Quere a bolsa para levar o balón de baloncesto e o bocadillo cando vai entrenar e despois ten que ir a clase de inglés. Quería algo mais lixeiro que unha mochila do cole, pero algo un pouco mais grande que as típicas mochilas  de tea con cordas, porque nas dese tipo non lle cabía o balón. 

Como teño tres fillos (de 16, 11 e  8 anos) que xogan ao baloncesto, temos acumuladas camisetas de basket de todo tipo, cor e tamaño, así que pensei en usar unha das que nunca poñen para facer a bolsa requirida. Así lle daría ao chollo un toque mais tecnolóxico, o que sería moito mais apreciado polo meu pre-adolescente fillo que a típica manualidade feita pola súa nai, que a verdade, xa solo son capaz de colarlle ao mais novo dos meus tres fillos. Creo que o tecido é estupendo para facer a bolsa: ainda que non é impermeable,  sí se molla seca rapidisimo e ten moita folgura cando a enches, pero a vez cando está vacía é moi pequena, e  cabe no peto dun pantalón. 

Comentado o asunto co destinatario, pareceulle ben o tema, así que me puxen mans a obra e este foi o resultado:




Hei dicir que  a bolsa está sendo moi usada e cumpre ben o seu cometido así que a vou catalogar como un exito de crítica e público.

Fixen unhas cantas fotos do proceso (malas , porque cando podo poñerme a facer cousas xa   non hai luz natural) pero que eu penso que poden dar a idea do asunto se alguén quere probar a facer unha bolsa como esta:











Ben, vexo  que as fotos non aclaran moito, como creadora de tutorialis son malisima!

A idea principal que quero transmitir  e a de aproveitar os remates que xa ten a propia camiseta para facer as pezas polas que se mete a corda, para darlle,  co mínimo esforzo e unha máquina de coser normal (eu non teño unha overlock, que penso que sería a indicada para este chollo) )  un aspecto profesional ao traballo.

Despois a cosa  non ten mais ciencia que facer unha bolsa cosendo polo  fondo da camiseta dada a volta (como din os que saben, dereito con dereito) sen esquecer meter no medio as pezas para o cordón, cara a dentro, para que ao darlle a volta queden para fora e abertas,  e facer na parte de arriba na boca da bolsa un dobladillo para meter o cordón das asas por él. 

Uff, é mais facil facelo que contalo!

Estou pensando que algún dia vou abrir unha sección no blog que se chame "Tutoriais" e facelos como Dios manda, con esquemas debuxos e fotos do paso a paso.

Eso, algún dia, se cadra.

 .

miércoles, 29 de octubre de 2014

Calcetar cos dedos

Creo que iniciei unha nova afición: facer punto cos dedos. Onte empecei a darlle  mentres vía unha cousa na pantalla do ordenador, para enganarme a min mesma como que facía algo util en vez de  andar procastinando, que é o que estaba a facer, e mira, nun par de minmutos tiña feito este rulo. Xa ando buscando inspuiración en internet para proxectos mais ambiciosos... 

O trapillo ven das camisteas vellas que vou desfacendo, o teño hai moito, pero  ainda non o usara.

viernes, 24 de octubre de 2014

U

...E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta ... U





A, e, i, o, u. Dou por rematado o xogo. 

As cinco vogais desta semana estaban aí, no percorrido de menos de 100 m, que fago a diario...Vale, non me esforcei moito, pero que importa! Fago o xogo por  divertirme  un pouco, non para estresarme !

Estou lembrando aquela temporada que saía a camiñar pola cidade unha hora cada dia  e estame dando ganas de retomar aquel pulo...hai tanto que ver por aí! Pero dame tanta preguiza... Creo que chegou o momento de forzar a máquina e entrar nun circulo virtuoso!

Esa expresión gostame moito. Eu escoiteina por primera vez ao meu fillo falando co seu pai dun  xogador de baloncesto da NBA, non lembro cal, que  seica entrara  nun circulo virtuoso, segun dician eles. Eu preguntei que significaba entrar nun "circulo virtuoso", e eles responderon, como non podía ser de outro xeito, pois home, está claro, é o contrario de entrar nun "circulo vicioso".

Pois eso.



jueves, 23 de octubre de 2014

O

...E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta ... O




Vale, non é gran cousa, pero é o que hai. Parecía  facil, calquera sinal, calquera tapa de rexistro, calquer cousa redonda parece un O, pero eu buscaba un O con rabiño, e a cousa cambia...

Hoxe, pese ao calor, foi o típico dia de outono, coas follas caendo e as cores tan bonitas das árbores... así que decidín buscar a miña letra nunha arbore. Parecía que andaba a facer unha inspección fitosanitaria no Campus, observando cada tronco, cada fenda , cada ...Ten un nome especifico a cicatriz esa que queda na árbore cando lle cortas unha pola?



Por certo, gracias a este xogo  atopei esta letriña, nun muro que vexo todolos dias, na que non me fixara antes...Será unha marca de canteiro? Será a firma dun tal mestre Estebo, por exemplo?   Non o sei...


miércoles, 22 de octubre de 2014

I

  ...E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta ... I


Onte non atopaba o vogal i en ningures, porque andaba a caza do e. Hoxe facendo o mesmo  camiño  que fago todolos días, da casa ao traballo, atopei a primeira este I ben grande, que por certo debe levar aí varios séculos..


E este o poño de parte do Migui, que veu no ceo de onte, clariño, clariño un i coma una casa:

martes, 21 de octubre de 2014

E

 ...E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta ... E



Esta mesma mañá no meu despacho atopei o E que andaba a buscar. Polo menos eu  vexo un E:


Xa pola tarde conteille o xogo ao meu fillo mais pequeno,  e   fumos buscando letras polos muros que vemos de camiño a casa. En apenas 500 metros vimos moitos ees, ainda que moi poucos ies. Aquí teño dous que atopou Miguel:

lunes, 20 de octubre de 2014

A

Hai tanto tempo que non paso por aquí!...

Normalmente no blog góstame poñer as cousas que fago no meu tempo libre (as cousas das que me sinto orgullosa, claro, non as outras...) Agora, como apenas teño tempo libre, o pouco que teño o adico  a descansar, sin mais,  cos pes en alto, a lingua de fora e a mente en branco, e claro, isto non da moito chance para unha entrada no blog!  Así que vou ter que inventar novas excusas para pasar por aquí e escribir algo!

De momento, hoxe pola mañá,  cando ía de camiño ao traballo vin no ceo esta inmensa  A, e decidín tomala como unha  sinal.

A de ánimo! 

E como son moi dada aos retos, decidín inventarme este xogo: esta semana de luns a venres, teño que buscar cada día unha vogal oculta. No ceo, no chan ou en calquera parte. Non vale unha letra real, ten que ser algo que colla a forma da letra. Como esta A


Así que Ánimo!
Estou segura de que han vir tempos mellores para todos...e si non, vamolos ter que ir buscar!


jueves, 18 de septiembre de 2014

Mi nueva tienda en SAATCHI ART.


Saatchi Art é unha galeria de arte on-line que descubrín non hai moito, onde se poden atopar moitisimas obras orixinais, organizadas dun xeito que anima a curiosear. A primeira vez que entrei foi coa intención de ver si atopaba algunha obra orixinal para mercar, que me gustara e que estivera dentro do meu (imaxinario) presuposto para compras de obras de arte. E navegando pola web decidín que non perdía nada por probar algún dia como vendedora...quen sabe. 

Así que aquí está xa, a miña galeria de arte particular. Agora mesmo so teño tres cadros dos que fixen este mes de agosto, pero teño pensado ir subindo algún mais.

Este é o enlace para a visitar a galeria e curiosear para ver o que andan a facer os artistas polo mundo adiante 
E este é o meu curruncho particular, a miña exposición permanente en permanente construcción:


sábado, 6 de septiembre de 2014

Pintando II

Eu collín vacacións no mes de xullo, así que no  mes de agosto tocoume traballar , pero ao estar aquí soa, sen os nenos, foi tamén unha especie de vacación. Pola semana adiquei as tardes a pintar, e as fines de semana reuníame coa familia. Así que a maior parte do tempo estiven soa e metida na casa, pintando sen parar..e foi un mes estupendo! Tendo a casa para mín, montei un auténtico estudio de pintura, e puiden escoitar a miña musica mentres pintaba, e, o que aínda é mais valioso, estar en completo e absoluto silencio!

Pero a cousa chegou ó seu fin. Agora estamos todos de volta e resulta imposible manter  a paleta chea de cores pringando, as pinturas, os pinceis e o  augarrás por ahí ciscados. Tocoume levantar o cabalete e os espellos que tiña montados na cociña e todos os lenzos pintados que tiña  polo chan da sala están agora en espera de atopar un destino, arrumbados  polas paredes,  interrumpido os camiños públicos da casa. Sorte que xa están casi secos! 

Me vai resultar moi dificil seguir co pulo que collera cando estaba sola, pero heino intentar...Se cadra podo buscar alguén que quera compartir un estudio,  ou buscar un baixo pequeno e valeiro que teña luz e queran alugar por pouco ou ningún diñeiro (seguirá existindo a figura do Mecenas?)

En fin, mentres nos afacemos a estar de volta e a estar todos xuntos outra vez  mostro o resultado do meu traballo deste mes de agosto. Algúns cadros xa os puxera na entrada anterior, e aquí van algúns mais:

Estes pinteinos sobre lenzos comprados nos chinos, que son moitisisisisimo  mais baratos: non o volverei facer nunca mais: non paga a pena.



Estes son lembranzas do mes de xullo na Illa (como algúns do  post anterior)


 Estes de abaixo fixenos sobre dous lenzos dos nenos que tiñan un debuxo de Bob Esponxa e outro do seu amigo Patricio para pintar...polo revés ainda se ben os trazos...

 Este non me acaba de gustar:

Aquí adiqueime a rematar ou modificar algúns vellos lenzos que empezara hai moito tempo e tiña olvidados no trasteiro. Ainda pode que traballe mais neles, non sei.

Mirando a rúa de Romil:
Unha planta que deixei a medio a pintar no ano 80 e chegou ata hoxe. Engadinlle a man e cambiei todo o esquema da cor.


Nestes outros, simplemente, pintei de novo por completo cadros vellos que pintara cando nena.
Por exemplo, debaixo desta man hai un bodegon cunha xarra de barro, un pemento e unha manzana, sobre fondo verde clariño. Parte das cores son aínda as do fondo.

Debaixo deste (auto)retrato había unha cafetera branca e azul con dúas tazas e un exemplar da Voz de Galicia do ano 79 creo quero lembrar

Estes retratos están feitos nuns lenciños moi pequenos



O de pintar sobre lenzos vellos non é so por aforrar cartos...de algún xeito, ao principio, quedabame bloqueada ante o lenzo en branco, limpo, noviño...e non era quen de empezar, ou ía con medo, mentres que cos cadros vellos lanzabame  a pintar sen medo e sen control e obtía resultados que me gostaban. Un par de veces fun a RETO a buscar cadros vellos para repintar, porque xa non tiña mais dos meus! .Espero ter resolto xa ese problema, ainda que sigo preferindo os repintados que os que pintei sobre branco e novo...tiña que ser Dióxenes ata para isto!

En fin, fixen uns 18 cadros en total, polo que se refire á cantidade non estivo mal...o da calidade xa é outro cantar. Uns gustanme mais que outros e algún no me convence nada e vouno refacer, pero a miña idea de seguir pintando e pintando sin parar, e ir mellorando pouco a pouco xa non ten volta atrás.
Se atopo un sitio para pintar, mellor...e si non, tamén! 
Acabouse o tempo das excusas