martes, 31 de enero de 2012

tag

O meu fillo mais vello é un grande afecionado ao rap, e estame contaxiando o seu amor pola cultura hip hop. Da súa man vou descubrindo aos grupos españois  (que son os que teñen letras que entendo) : Violadores do verso, Tote King,  SFDK, 7notas 7colores, Kase O... estou feita toda unha b.girl! 

Á miña idade non me vexo saltando  cercas cunha mochila chea de sprays, e polo meu traballo tampouco creo que estivera  cómoda embadurnando mobiliario urbán, pero aquí, nun cartonciño, na casa, probei a desenar a miña marca, o meu tag grafitero. Teño que darlle mas voltas ás idea, se cadra quedou un pouco sobrio de mais. Si algún dia vedes ese tag por algún muro dunha estación de tren, xa sabedes...

Como esta fin de semana montamos un moble de IKEA (piquei outra vez, é a última) temos cartóns para dar e tomar...  Estes das fotos son unha especie de carton armado, moi resistente e moi chulo para grafismos varios...Aquí abaixo mostro a obra do meu fillo Miguel (5 anos) que debuxou  catro heroes, a saber: o hulk, o capitan america, o lobezno e o normal.

Adiviña cal é cal.


martes, 24 de enero de 2012

Paseos pola cidade

 Algunhas  imaxes de hoxe

E estas xa pola tardiña...¡cando cheguei a casa,  tiña o sol dentro!


lunes, 23 de enero de 2012

Os rabiscos do luns

Collinlle querencia  ao tema bíblico: a árbore do ben e do mal , Adán e Eva a serpe, a mazá , o paraíso... Non o tiña previsto pero vou facer unha serie dándolle voltas a ese asunto e vouna  titular "A árbore do ben e do mal" "A árbore do coñecemento"  ou algo así de rimbombante. Despois de todo eu  son a dona dos meus garabatos e os chamo como quero. Se cadra algún día serven de base para facer unhas serigrafías ou unhas litografias ou uns  linograbados...ou uns algo,  se soi quén de meterme a facelo...

viernes, 20 de enero de 2012

Onte fixemos

 Onte estreamos estas ceras para pintar sobre tea que lle deixaron os Reis Magos a Miguel, na casa dos seus curmáns Nico e Marta. Están xenial! Fixemos dúas bolsas para o pan, que no lo traen a casa quentiño pola mañán, así poidemos deixar unha na casa, e a outra levaa a muller que o trae. 



Aquí está unha das bolsas xa rematada, a que quedou na casa, a outra xa está na panadería, ata mañán. 
Mentres Miguel facía os debuxos, eu fixen tamén as miñas probas,  nun anaco de tea .Fixen esta moneca, un pouco sen pensar, pero quedou chula non? Encantanme estes crayons...Despois de pintar tes que fixar o debuxo coa prancha (poñendo un papel entre a tea e a prancha) e despois xa o podes lavar.Vou facer a proba do lavado a ver que tal...si vai ben, xa pensarei  algo para facer con eles para a tenda...unhas bolsiñas ou uns mini  coxíns ou que sei eu...







Post post:


No meu blog aparece unha lenda do traductor de google que pon: esta páxina está en portugués quere traducirla? Hoxe por curiosdidade dixelle que sí e esta e a tradución que sae:


 UENTE estrenó estas ceras y pintura sobre el té que lle deixaron los Reyes Magos a Michael, la casa de sus curmáns Nico y Martha. Estan xenial! Fijemos dos subvenciones a la sartén, de modo que en la casa de Quentin Traen pola Manan, asi Poide deixar clavo en la casa, y el otro conduce a la Trae muller.




Non é xenial?
Subvenciones a la sartén! como mola

martes, 17 de enero de 2012

Paseos pola cidade


Estas dúas imaxes son en Santiago de Compostela, moi perto da catedral. 
A que ven agora, saqueina esta fin de semana, en Ferrol...semella unha  casa encantada verdade?

jueves, 12 de enero de 2012

novas tarxetas

Despois de dar unha volta por ETSY, comprobo  que o Nadal xa fuxiu e agora todas as crafters do mundo andan a traballar  no próximo San Valentín.

Como eu son moito de aproveitar, xa teño as miñas feitas, cuns pequenos arranxos, xa me sirven as do Nadal:
Así que, próximamente, podense atopar na miña tenda, por si alguén ten un namoriscado por aí e lle quer mandar un recado ou, simplemente, para quen queira ter un corazón a punto de cruz dixital.

lunes, 9 de enero de 2012

Os rabiscos do luns

Resistome a deixar a miña costume de facer algo os luns para iniciar a semán con bo pé...O que pasa é que os luns os teño complicados ultimamente, pero malo será que un simple rabisco, un garabato calquera non o poida facer...así que aí vai a miña nova serie para este ano 2012  que comeza. 

sábado, 7 de enero de 2012

Estes dias

Algunhas imaxes da noite de Reis. Deume por facer unha cea especial para nos cinco esa noite, A mesa xa quedou preparadiña antes de ir ver a cabalgata de Reis


 Fixen o meu mus especial, que ten sempre  moito exito e é  doado de facer

 E aquí stán os nenos a cola para poder ver as súas maxestades os Reis Magos...



 O dia de  Reis, como xa hai moitos anos, fumos comer á casa da miña prima Marga. Deu tempo para ir dar un paseiño pola nosa querida praia, xusto antes de anoitecer...Respirar o ar puro do mar batendo non é un mal comezo para este novo ano...