martes, 31 de enero de 2012

tag

O meu fillo mais vello é un grande afecionado ao rap, e estame contaxiando o seu amor pola cultura hip hop. Da súa man vou descubrindo aos grupos españois  (que son os que teñen letras que entendo) : Violadores do verso, Tote King,  SFDK, 7notas 7colores, Kase O... estou feita toda unha b.girl! 

Á miña idade non me vexo saltando  cercas cunha mochila chea de sprays, e polo meu traballo tampouco creo que estivera  cómoda embadurnando mobiliario urbán, pero aquí, nun cartonciño, na casa, probei a desenar a miña marca, o meu tag grafitero. Teño que darlle mas voltas ás idea, se cadra quedou un pouco sobrio de mais. Si algún dia vedes ese tag por algún muro dunha estación de tren, xa sabedes...

Como esta fin de semana montamos un moble de IKEA (piquei outra vez, é a última) temos cartóns para dar e tomar...  Estes das fotos son unha especie de carton armado, moi resistente e moi chulo para grafismos varios...Aquí abaixo mostro a obra do meu fillo Miguel (5 anos) que debuxou  catro heroes, a saber: o hulk, o capitan america, o lobezno e o normal.

Adiviña cal é cal.


No hay comentarios: