lunes, 23 de enero de 2012

Os rabiscos do luns

Collinlle querencia  ao tema bíblico: a árbore do ben e do mal , Adán e Eva a serpe, a mazá , o paraíso... Non o tiña previsto pero vou facer unha serie dándolle voltas a ese asunto e vouna  titular "A árbore do ben e do mal" "A árbore do coñecemento"  ou algo así de rimbombante. Despois de todo eu  son a dona dos meus garabatos e os chamo como quero. Se cadra algún día serven de base para facer unhas serigrafías ou unhas litografias ou uns  linograbados...ou uns algo,  se soi quén de meterme a facelo...

2 comentarios:

pamnogueira dijo...

chulo o primeiro, como está feito con tinta ou rotu?

esther dijo...

O segundo é un detalle en grande do primeiro.Está feito a correr cun pilot negro. Coido que quedarían mellor cun rotu.