miércoles, 29 de abril de 2009
6 anos
O Val fixo 6 anos. A semana pasada estiveramos facendo uns animais con cartóns que tiñamos por casa que quedaran moi xeitosos. Son estes:
Así que ocorréusenos facer un pequeno detalle os rapaces da clase por mor do aniversario, e fixemos uns paquetiños que levaban unha pequena larpeirada e un animaliño de cartón para que cada neno o montara. Eiquí estan en formación esta mañá antes de sair cara ó cole
A foca e a xirafa que xa tiña feito e que tanto lle gustaran doullas a súa profe Julia, a quen quere moitisimo.
martes, 21 de abril de 2009
lunes, 20 de abril de 2009
antes e despois
Xa empecei a traballar coas cousas que merquei en RETO. De momento, rematei a cadeira. Así era:
E así quedou:
O tapizado dos brazos e respaldo fíxeno cuns retais de tela que comprara en ebay fai tempo. Eran uns restos dunha tela da empresa textil finlandesa Marimekko. O que comprara eran uns restiños de nada e non deu para tapizar o asento. A tela deste atopeina no mercadillo de Santiago e coido que combina ben coa outra.
Góstame como quedou o conxunto, mesmo parece que o de non chegar a tela foi feito querendo... A silla costara 5 €, e as telas que usei non chegaran a outro tanto, así que penso que por menos de 10 € non se pode pedir máis...
Ademais foi bastante doado, (agás dun dos repousabrazos que non fun quén de sacalo do seu sitio, e tiven que liarme a golpes co martelo). O asunto remateino hoxe. Pero a maior parte do traballo fíxena o sábado mentres os rapaces ían dar un paseo antes de comer. Ai veñen de volta:
martes, 14 de abril de 2009
dias de familia
miércoles, 8 de abril de 2009
RETO
Debo recoñecer que son una clienta habitual de rastros e mercadillos, e non paso máis de 10 dias sen ir osmar por RETO, a ver que teñen. Estes dias, aproveitando que estou sen nenos, fun de redada, e trouxen estas cosas... A verdade é que na nave de RETO o mostrador ese parecía máis pequeno... Todo o que está na foto custoume en total 28 €
Ademais de ir a RETO, decidín aproveitar e adicarme a algúns proxectos atrasados, e empecei tantas cousas á vez que agora teño a casa como un taller de chapa e pintura, todo desordenado e nada rematado, máis os tres trastos que merquei, que xa é de todo punto imposible que os pinte, tapice e arranxe como tiña pensado nun principio...
viernes, 3 de abril de 2009
pan
miércoles, 1 de abril de 2009
zakka
Pois xa están feitas. O exterior é denim o interior as mangas dunha camisa vella do pai é entremedias, a ropa interior vella de algodón dos nenos que xa non ten aproveito. Estou bastante contenta do resultado, aínda que finalmente o destinatario non gustou delas. Son clientes esixentes os nenos, e moi sinceros.
Zakka é unha desas palabras xaponesas que veño de aprender... non sei exactamente cal sería a súa tradución pero a empregan para nomear todos eses traballos de costura e craft en xeral que fan eles, con pouco xénero ( xeralmente sobralles un fat quarter, outra palabra que teño aprendido) e que levan pouco tempo... Resulta que levo toda miña vida facendo zakka sin sabelo...eu chamaballes, simplemente chorradas... O dos ex-libris con gomas de borrar, que eu crin que se me ocurrera a mín (o que é a ignorancia...) pois é un lugar común, teñen milleiros de libros e revistas sobre as stamp eraser... en fin...descubri-lo zakka xaponés foi como chegar a miña propia casa...
Lástima que non entenda nin xota dos libros xaponeses...menos mal que as ilustracións son bastante claras...
Aquí está Val pintando unhas camisetas... Atopei un novo uso para ese vello bastidor de bordar que rescatei fai pouco da casa dos meus pais...
En fin, un día máis zakkeando por aquí...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)