viernes, 3 de abril de 2009

pan

Outro experimento... Quedara coas ganas de facer este pan, e onte lanceime. Levou máis tempo preparar os testos que facer o pan, pero unha vez arranxados, supoño que as seguintes será máis doado.Aí están xa no forno, a piques de saír. Fixen algunha improvisación: como non tiña folerpas de cebada, voteille un pouco do muesli do almorzo... quedou todo un pouco chamuscado, pero tampouco quedou tan mal. Este é o resultado final, bastante aparente. Tiven o fallo de non untar o testo con manteiga (ou aceite, que era o que pensaba facer) antes de botar a masa e non fun quen logo de desmoldar... O caso que o pan tivo moito éxito ...papamos unha maceta enteira a cea e non recibín do público máis que louvanzas, non como coas zapatillas... As cousas de comer soen ter mais exito, a verdade...

No hay comentarios: