miércoles, 29 de abril de 2009

6 anos

O Val fixo 6 anos. A semana pasada estiveramos facendo uns animais con cartóns que tiñamos por casa que quedaran moi xeitosos. Son estes: Así que ocorréusenos facer un pequeno detalle os rapaces da clase por mor do aniversario, e fixemos uns paquetiños que levaban unha pequena larpeirada e un animaliño de cartón para que cada neno o montara. Eiquí estan en formación esta mañá antes de sair cara ó cole A foca e a xirafa que xa tiña feito e que tanto lle gustaran doullas a súa profe Julia, a quen quere moitisimo.

No hay comentarios: