miércoles, 31 de marzo de 2010

...

Agora teño problemas coa conexión a internet... espero ter todo resolto a volta da semana santa...

sábado, 27 de marzo de 2010

RETO 10 en espera...

Estar sen máquina de fotos non facilita ter os RETOs ao día, non podo fotografar o que merco nin o que fago co que merco... Agora,  complicáronse aínda mais as cousas, porque teño o coche no taller... Eu son capaz  de ir andando a RETO, iso que está a mais de 10 km da miña casa, pero volver andando carrexando a mercancía xa é moito ata para min, que son moi teimuda...

En fin, o luns dánme xa a cámara reparada, espero por ela como por auga de maio, e o martes ou o mércores dánme o coche, tamén reparado...Mentres tanto, aí van  algunhas das últimas cousas que gañei  ou que perdín nunha subasta  en ebay: O libro de costura e remendo xa está na casa. A gaivota,  pola contra, voou. O quilt, dis que cosido a man por unha señora de Dakota do Norte nos anos 30 ,esta  xa saíndo de Boise, Estados Unidos cara a miña casa...









Esta é a descrición que acompañaba ó quilt que ven de camiño:


Dresden Plate variation vintage quilt all hand stitched 1930s fine!  This vintage quilt has been well cared for over the years and is in outstanding condition. All cotton, in sturdy condition (fabric and stitching are strong) and the colors are sharp and vivid. No running of colors onto the background.
The quilt was handsewn by a North Dakota lady in the 1930s.Her daughter (now in her 90s) calls it a Dresden Plate quilt, although some DP quilts look very different, so this might be a variation. The pattern in this quilt are stars (made from diamond-shaped patches) in one kind of fabric pattern set inside a hexagon of another pattern, also made from diamond shaped patches. All seemed to be unique. These are set on an off-white background also made of hand stitched diamonds.
The border edges of the quilt are scallopped. It measures 72" by 102" which would cover the top of a double or queen sized bed. It is not padded, but it is finished.
As mentioned, it is in very good condition, with no stains, tearing or damage. A rare find.

martes, 23 de marzo de 2010

Libros dobrados.Un paso mais alá

Hai un tempo estivera xa co tema dos libros dobrados, é de feito teño tres pendurados dun fío na sala,  a modo de móbil, pero estaba xa para os retirar, pois teño a intención de volver a miña orixe de Menos es mas. Son estes:
 Este Menos es mas  entra un  pouco en conflito coa miña teima co RETO e coa miña afección polo junke style, que me fai apañar todo o que vexo, porque todo ten un aquel...En fin, nestas contradicións estou, e xa tiña chegado comigo mesma ao acordo de retirar os libros dobrados e demais cousas penduradas na sala, para ir dándolle pouco a pouco ese aire zen, espazoso e branco que tanto admiro, cando atopo estas imaxes  nun sitio, chamado  Home quotien que veño de descubrir:


As imaxes dese sitio foran sacadas doutro sitio chamado Pleat Farm, que fun visitar e onde xa acabei por tolear... 
Non podo resistirme a poñer algunhas imaxes mais de distintas cousas que fun vendo alí:


 

 

 
E agora, quen se pon  tirar con todo e baleirar  espazos? Necesito, necesito unha nave industrial, xa....

lunes, 22 de marzo de 2010

A colección do luns (sen máquina de fotos) II

Vale, xa localicei o sitio onde poden arranxar a máquina, so falta levala. Mentres, por non deixar coxa a colección dos luns, sigo tirando do arquivo...Aí vai a miña colección de flores feitas con cartóns de ovos... a foto é de xuño do 2009, agora as flores están penduradas na sala cunhas luceciñas dentro

sábado, 20 de marzo de 2010

RETO 9

Hoxe atopei un centro RETO novo, no que nunca estivera antes e quedei alucinada... a  Nai de todo-los RETOs que eu visitara xamais!! É como o IKEA dos chambos e chamarileros!,  o Corte Inglés das tenda de segunda man e de ocasión!...

Faloume del unha amiga, que  ao pasar por diante un día, por casualidade, o veu , e acordouse de mín (gracias Julia!). Aproveitando que esta fin de semana andabamos por Vigo fun  ver si  o miraba.. Conseguín enredar ó P. para me acompañar, porque eu non tiña moi clara a explicación que me dera para chegar  e tiven medo de me perder ...O de ir acompañada tivo unha parte boa e unha mala... 

A mala, é que non puiden demorarme como me gusta, porque logo de dar unha volta  o P. xa vira todo o que tiña que ver e quería marchar... iso que mercou uns libros e todo... (3,5 €) Mentras el xa tiña rematado o negocio eu aínda estaba empezando a segunda volta da terceira planta (si, teñen varias plantas) ,porque eu son mais de ir polo miúdo, e claro, sabendo que alguén te esta esperando, non presta tanto andar remoloneando e dar varias roldas, como fago cando vou sola.

A parte boa foi que si non chega ser por el, quedo a fin de semana enteira na nave de RETO, porque  estaban pechando a porta comigo dentro cando veu correndo a me rescatar...Estaba absorta mirando un sillón que parecía das irmáns Gilda cando oín  a súa voz que me chamaba  a gritos...  cando baixei  estaba o portalón pechado,  o tipo coas chaves postas nunha porta pequena e o P.  pouco menos que trincando co pe para que non pechara... Xesús, si chego ir sola quedo dentro seguro....despois penseino e non me pareceu tan mala idea... así a lo menos podería ver as cousas con calma e non a correr... 

Mesmo e todo coas presas, collín ao voo un pequeno puf para tapizar (5 €), moi chulo, que teño no maleteiro do coche, e que vai ser o RETO 9 ...Vou ver si consigo unha máquina de fotos para  dar unha idea de como é e como queda...Tamén necesitaría sacarlle a foto ó RETO 8, que xa está feito, pero non sei....

PD. Prestáronme unha máquina, este é o puf:


viernes, 19 de marzo de 2010

No turning back

Levo todo o dia intentando atopar una canción e un video que escoitara unha vez, hai tempo,  nalgún blog dos que frecuento, e gustarame moito, pero non lembraba en cal deles a vira,  nin en que data...Tampouco lembraba o nome da cantente nin o titulo da canción... so tiña na memoria a sensación dunhas imaxes e unha especie de mantra... algo así como un..." xa non hai volta atrás"... Non era moita pista da que tirar, a verdade, pero o caso  é que o conseguín !!! A cantante chámase Sarah Blasko (se cadra, descendente dalgún lontano Velasco) e a canción "No turning back" ahí vai...
 

miércoles, 17 de marzo de 2010

Juana Eyre.

Por Carlota Brönte, novela completa, 3 ptas...
Encántame...
Eu paguei por ela 1 €, hai algúns anos, na feira de Ferrol ...que cae en domingo e nunca  baixa do dia 15 nin pasa do dia 22...(por si queredes ir...)

Sigo sen máquina de fotos...

lunes, 15 de marzo de 2010

A colección do luns (sen máquina de fotos)

A miña máquina de fotos caeu ao chan ( hai varios sospeitosos en investigación) e estragouse...Non vou poder facer fotos novas ata que a arranxe, si ten arranxo, ou merque unha nova...si non o ten...
De momento, non puiden facer unha foto á colección do luns... así que boto man do arquivo, e da ferramenta "collage" de Picassa.
Aí vai a miña colección de fotos da coleccións do luns, ata o momento...

O Reto dos sábados.

Xa está rematando o domingo e por primeira vez na fin de semana podo sentarme a escribir..
O Reto 7(II) do arranxo da miña queridisima cómoda dos anos 50 está feito...Quedou bastante aparente, pero podía ter quedado mellor si non metera a pata botando a pasta para madeira que me recomendara o de  Leroy Merlín. A pasta era para cubri-los clavos, e supostamente permitía tinxir sin deixar rastro, pero finalmente non tinxiu igual co resto...É o que ten ser un aficionado, que andas rondando a chapuza todo o tempo, porque o coñecemento dun oficio non se improvisa dun día para outro...

O sábado, relixiosamente, cumprín coa miña visita semanal a Reto, pero volvín a voltar coas mans valeiras...Non porque non vira cousas que me apetecía traer, que as vin, senón porque  estou nun programa intensivo de autocontención, que so me permite traer cousas para as que teña un oco na casa,  e xa me van quedando poucos... Un dia destes vou ter que poñer a cero o contador e empezar de novo...

Así que o Reto 8 vai ser darlle o toque definitivo a este moble, que trouxera hai  uns tres meses e deixara tal e como veu na habitación do neno maior, á espera do seu   emprazamento definitivo...O custo:10 €

jueves, 11 de marzo de 2010

ISOTYPE.

Isotype children´s books
 Atopeinos por casualidade e namoreime

Queroos todos!
O proxecto isotype
De momento conténtome con seguilos en ebay.
Algún dia decidireime a mercar algún.....
 


 

lunes, 8 de marzo de 2010

A colección dos luns

Botóns....Os da esquerda ,  de cerámica , son botóns da sorte... compraraos no Museo de arte popular en Tartu, Estonia, sei que son típicos dalá.

 Por certo siguen chegando os libros da colección "Xogar creando" Xa teño nas miñas mans o de Cerámica...

 
 










domingo, 7 de marzo de 2010

O reto dos sabados 7(II). O domingo

Onte viñeron xantar á casa Luís e Tere, Ana e Javier  e estivemos de sobremesa desde as tres da tarde ata as once e media da noite... Así que non pasei polo ordenador para poñe-lo reto deste sábado...

Como aínda non rematei o arranxo da cómoda do Reto pasado, vou darme unha prórroga, que este reto ben merece dúas semanas...Así que o meu Reto para esta semana é rematar o que empecei, que é precisamente o reto da miña vida enteira...

De momento así van os traballos:

Antes:

 
 Durante:



Aquí teño que facer a aclaración de que non poño traballar os nenos para que saian no blog, como bromeaban o outro día   nunha cea os amigos... A cousa mais ou menos funciona así:
Teño tres fillos: o P. (11 anos)  o V. (6 anos) e o M. (3 anos). Despois de comer, mais ou menos, as 3:45, eu collo o choio que quero facer e sen dicirlle nada a ninguén póñome  traballar... Os nenos están xogando ou facendo cada un o que lle peta... 

Si a cousa que vou facer implica tesoiras, cuter ou  ferramenta varia... canto mais cortante mellor,  (tamén si hai auga polo medio) fáltalle tempo ao V. para deixar o que está  facendo e vir correndo a ver  que estou a argallar... O M. como quedou sen compañeiro de xogo, ven tamén detrás do irmán. O P. xeralmente está xogando na Wii ou como se escriba, un xogo que ten de baloncesto, e mira polo rabiño do ollo, xeralmente ven cada certo tempo mirar de que vai o choio, pero despois vaise...ou non, depende.

O M. e o V., sen embargo, quedan comigo e repártense as tarefas de axudante... Neste caso concreto, o V. era encargado de lixar as chapas, ter ordenada a ferramenta e suxeitar a madeira cando tiña que serrar...o M. era o encargado de recoller as virutas cunha  basoiriña  pequena que temos...Isto lémbrame outra cousa que dixo o V. que me fixo gracia:

Como están a falar todo o rato e a preguntar...isto que é , agora que vas facer...  e rifando entre eles por ver quen  fai cada cousa, ao final póñenme a cabeza coma un bombo... Díxenlles: calade un pouco,  por Dios, hai que traballar en silencio, con un pouco de recollemento... Calaron un momento e enseguida dixo Val: o encargado do recollemento é Miguel, non eu... En fin, ao final tes que rir...

A dia de hoxe o choio esta,  mais ou menos, así:


jueves, 4 de marzo de 2010

aquela lámpada de Coderch

O de arranxar a cómoda tenme moi entretida, porque tiven que empezar de cero. Refirome a que non teño mais idea de carpintería que o que aprendín mirando o meu pai de nena, que era un mil mañas e sempre estaba facendo choiaditas destas...A incursión en Leroy Merlín o martes para comprar material foi bastante instrutiva,  pois si ben tocoume un vendedor na sección de barnices e pinturas que non facía mais que poñer os ollos en branco, o de cortado de madeiras foi extremadamente amable:  entendeume todo, e deume consellos claros e precisos do que tiña que facer...e sobor de todo do que non tiña que facer de ningún xeito. Non puxo os ollos en branco nin cando o Val fixo saltar a alarma contra incendios o empurrar (dis que sen querer) unha porta de emerxencia .

Con todo o material na casa, empecei os traballos arrincando os restos de chapa vella que ainda quedaban... Vendo a chapa, tan fina e facil de cortar, lembrei aquela lámpada tan bonita deseñada por Coderch e pensei, en vez de tirar coas chapas vellas vou aproveitar e facer algo...e ocurreuseme a idea de facer unha como esta, en vez de con tiras de cartón, con tiras de chapa...

 
 
Ben, esta idea foi un rotundo fracaso, porque a chapa abríase ao facer o corte e  unilo co burato (eu enténdome). Pero non,  non  esfurriquei, que eu non son desas: seguín dándolle ao tema, pero indo ao seguro:  se funciona nas cestas, tamén funcionará nisto... digo eu, así que fixen estas probas...




A min gustábanme, pero como dixo o rapaz maior:  estar ben, están, agora, dar luz, non dan...
Menos mal que hai alguén con un  pouco de sentidiño nas tardes tolas do bricolaxe...

En fin, ao final  perdín folgos, pero aproveitei para repasar o meu libro de lámpadas:

 
  
  
 
 Dan gañas ou non de poñerse a facer lámpadas?

lunes, 1 de marzo de 2010

A colección dos luns



Unha parte da miña colección de cintas, tiras bordadas e pasamanería varia...Boa parte compreina aos poucos nunha mercería que había na rúa das Orfas que me tiña namorada...A tenda  ben podería ter mil anos e a velliña que a levaba tamén...Parecía sacada dun conto, pequeniña, encuruxada ,co nariz sempre colorado do frío, moi malhumorada...A vella non entendía  o de mercar  cousas para un  xa se verá, sen ter un destino concreto e medido para elas...Unha vez pedínlle metro e medio dunha cinta -por dicirlle algunha cifra-, e dixome -oh que magoa! so teño noventa centimetros! e eu contesteille -tanto me ten, levoa igual..Ela  miroume con desconfianza, como si a estivera a estafar...como si  o de merca-la cinta fora unha excusa para entrar na tenda, empurrala dentro e roubarlle todo...Se cadra ela veu a cobiza nos meus ollos, a mín o das telas e  materiais de costura antigos volveme tola...

Hai xa un ano o mais que esta merceria pechou a porta e non volveu abrir, nin como mercería nin como calquera outro negocio... Que foi de todas aquelas cintas, galóns e fíos tan antigos que tiña aquela muller?... E aqueles caixonciños de madeira de Fabra e Coats, de Gütermann, de DMC...canto daba por poder entrar e remexer naquelas caixas! As veces estiven tentada de deixar un papeliño por debaixo da porta dicindo, non o tiren!, interesame a mín! ...Un día, (esto que non saia de aquí ), mesmo fantaseei con colle-lo traspaso e darlle un ar novo ao negocio: ordenando as cousas, limpando un pouco,  poñendo unha boa luz na ventá que fai de escaparate e poñendo as miñas revistas xaponesas, estaba boa parte da renovación feita...Xa tiña pensada ata a decoración do escaparate...en fin...si esto non é tolería, non sei que outra cousa pode ser...