jueves, 4 de marzo de 2010

aquela lámpada de Coderch

O de arranxar a cómoda tenme moi entretida, porque tiven que empezar de cero. Refirome a que non teño mais idea de carpintería que o que aprendín mirando o meu pai de nena, que era un mil mañas e sempre estaba facendo choiaditas destas...A incursión en Leroy Merlín o martes para comprar material foi bastante instrutiva,  pois si ben tocoume un vendedor na sección de barnices e pinturas que non facía mais que poñer os ollos en branco, o de cortado de madeiras foi extremadamente amable:  entendeume todo, e deume consellos claros e precisos do que tiña que facer...e sobor de todo do que non tiña que facer de ningún xeito. Non puxo os ollos en branco nin cando o Val fixo saltar a alarma contra incendios o empurrar (dis que sen querer) unha porta de emerxencia .

Con todo o material na casa, empecei os traballos arrincando os restos de chapa vella que ainda quedaban... Vendo a chapa, tan fina e facil de cortar, lembrei aquela lámpada tan bonita deseñada por Coderch e pensei, en vez de tirar coas chapas vellas vou aproveitar e facer algo...e ocurreuseme a idea de facer unha como esta, en vez de con tiras de cartón, con tiras de chapa...

 
 
Ben, esta idea foi un rotundo fracaso, porque a chapa abríase ao facer o corte e  unilo co burato (eu enténdome). Pero non,  non  esfurriquei, que eu non son desas: seguín dándolle ao tema, pero indo ao seguro:  se funciona nas cestas, tamén funcionará nisto... digo eu, así que fixen estas probas...




A min gustábanme, pero como dixo o rapaz maior:  estar ben, están, agora, dar luz, non dan...
Menos mal que hai alguén con un  pouco de sentidiño nas tardes tolas do bricolaxe...

En fin, ao final  perdín folgos, pero aproveitei para repasar o meu libro de lámpadas:

 
  
  
 
 Dan gañas ou non de poñerse a facer lámpadas?

3 comentarios:

Lucía dijo...

Este rapaz e os seus comentarios... con precisión... dando ahí... onde doe
jeje. Moitos bicos a todos, e ó comentarista ademáis fágolle unha miniola monopersonal :)

esther dijo...

Ola Lucia! A verdade é que necesitaba unha libretiña para anotar as cousas que din os rapaces, porque as veces ríome moito ou danme que pensar con algunha frase, e logo, cando as quero contar, esquecinas por completo...Pásame a miúdo...
Agora lembro escoitar ó Miguel que lle dicía ao irmán que pasara la "ójina" ...e o Pucho explicarlle, non Miguel, "ójina" non, ou "página" ou "hoja"

Lucía dijo...

jajaja, polo menos entre eles, enténdese