sábado, 29 de septiembre de 2012
viernes, 28 de septiembre de 2012
Ultimo
Pois aí vai o ultimo cacho da miña colecion de vaqueiros vellos que tiña pendente facer algo con él. Non rompín moito a cabeza: un mandil, ou como lle gosta a Ramón, un avental, ben resistente e con moitos petos, que sempre veñen ben. A peza que me quedaba deu para dous coma o da foto.
Agora xa podo concentrar as enerxías en rematar a alfombra de tela vaqueira.
jueves, 27 de septiembre de 2012
Uf...
Pois despois dalgúns problemas técnicos avanzados volvo por aquí. Levaba moitos dias botando de menos a miña pequena zona de descompresión que é este blogue, e a verdade, tal e como andan as cousas non ven mal descomprimir un pouco, para non correr o risco de saltar como un moneco destes que están na caixa e a mínima saen disparados e danche cun puño nos morros.
Para volver coller o ritmo do blogue e non perder a costume de pasar por aquí cada día (que empezei o curso moi disciplinada e logo, cos problemas do ordenador, xa fun perdendo folgos) poño estas cousiñas que tiña nunha libreta, simples garabatos probando uns rotus dos nenos, coa idea posta coma sempre na miña afición mais recente, o deseño textil
A folla de libreta pegada é dos nenos, que se apuntan tamén a facer algunha proba..
jueves, 13 de septiembre de 2012
Reciclando roupa
De momento, para variar o modelo, aproveitando un cadrado de tea que tiña na casa, fixen este mandil, posto en diagonal. O toque de xirar a tea dalle un toque chic ao tema, eu, polo menos, vou pola casa co meu mandil xirado toda chea.
martes, 11 de septiembre de 2012
Teas novas
Está claro que teño que poñer gafas xa para todo. Estiven traballando nunha tea para o concurso de spoonflower co tema "monos e elefantes", e inspireime nos meus monecos feitos dun calcetín. Cando fun comprobar a data límite para subir o deseño da tea decateime con horror que o tema non era "monkeys and elephants", como eu entendera , senon "donkeys and elephants". Como o prazo acaba mañana, puxeme mans a obra e fixen a toda prisa unha tea de burros, nunca mellor dito.
Estes son os resultados dunha e outra:
domingo, 9 de septiembre de 2012
xoias de tea
Logo de ver o tutorial que vin nun estupendo blogue que se chama "between the lines" propuxeme facer un colar de tea como o que se mostra no blogue e de paso experimentar un pouco pola miña conta...O resultado son estes colares que van sumarse a miña colecccion de adornos feitos con tea. O colar fucsia podese usar tamén de broche, todo e facer un gurruño e porlle un imperdible!
viernes, 7 de septiembre de 2012
Remendos
Esta é unha camisa de liño que teño hai moitos anos e me gosta moito pero que rachou pola zona das sisas. Estivo, como tantas outras cousas, pendurada sobre a bolsa das cousas para tirar , e no ultimo minuto, salvouse do seu triste destino...
Collín arrincada e sen pensalo duas veces fixen unha especie de arranxo acurtando a manga e pregandoa sobre se mesma.
Coa manga curtada podense facer moitas cousas. Por exemplo ... si! unhas bolsiñas para os zapatos!
E tamén vale para facer unha bolsa para os meus monecos, cando venda algún...
En fin, levo uns dias adicada ao arranxo de roupa...Todas esas cousas que teño gardadas pensando en facer esto ou aquelo, pois é o momento. Ou o fago xa ou tiro con todo! Non teño mais espazo na casa.
Por certo o concurso semanal de deseño de teas de spoonflower xa ten gañador. Sinto dicir que o meu deseño do quilt en zig zag , co que a mín me gostaba, quedou na última posición, con solo 6 votos...Non me desanimo moito porque o deseño se borrou accidentalmente do concurso e estivo practicamente toda a semana sen que se poidera ver no panel de votacións.
En fin, xa esstou traballando no seguinte, o dos monos, a ver como queda.
martes, 4 de septiembre de 2012
Os rabiscos do luns
Para o seguinte concurso semanal de Spoonflower no que penso participar proponse como tema de deseño da tea o de "monos e elefantes". Será por monos e elefantes, home! A miña especialidade!
Fixen este garabato para empezar a pensar o bosquexo da tea, inspirandome nos meus moniños e elefantes de calcetín.
A ver como remata a cousa...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)