Xa contei algunha vez que teño moreas de vaqueros vellos para ir facendo (a modiño) a miña alfombra trenzada. Coas partes que non utilizo fixen ata agora cousas variadas...Agora din no colmo do aproveite: as costuras do vaquero, tan engorrosas cando queres coser a tea, fan en realidade cintas moi resistentes. Así que pensei en usalas para os meus mandís de panos de cociña (cando faga mais).
De momento, para variar o modelo, aproveitando un cadrado de tea que tiña na casa, fixen este mandil, posto en diagonal. O toque de xirar a tea dalle un toque chic ao tema, eu, polo menos, vou pola casa co meu mandil xirado toda chea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario