martes, 11 de septiembre de 2012

Teas novas

Está claro que teño que poñer gafas xa para todo. Estiven traballando nunha tea para o concurso de spoonflower co tema "monos e elefantes", e inspireime nos meus monecos feitos dun calcetín. Cando fun comprobar  a data límite para subir o deseño da tea decateime con horror que o tema non era "monkeys and elephants", como eu entendera , senon "donkeys and elephants". Como o prazo acaba mañana, puxeme  mans a obra e fixen a toda prisa unha tea de burros, nunca mellor dito.
Estes son os resultados dunha e outra:

 


2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Encántanme as dúas! Pero a primeira é perfeta!!! Que mágoa que non sexa o tema axeitado porque eu penso que esta tiña todas as de gañar, é preciosa!!!

Ti puxeches as pilas ben postas, eh? Dá gusto pasarse por aquí con tanta novidade :)

esther dijo...

Gracias! Si, parece que collín o curso con bríos novos, aí atrás andiven un pouco arrugada