miércoles, 30 de marzo de 2011

Os luns: Apunte do natural

Estes dias estivemos en Londres cos nenos.... foi un ir e vir, non moito tempo...o xusto para ver o Museo Británico, o de Historia natural e pouco mais...
O luns,  mais ou menos á hora na que o fago aquí, fixen o meu apunte do natural, no Victoria & Albert museum, aí está
Aquí algunhas fotos da viaxe...
O Museo de Historia Natural... na sala dos mamiferos marinos...
Xa no Museo británico, buscando as momias que Valentín tiña moito interés en ver...Trouxemos unha foto cun cacho de xeroglífico para traducilo na casa con calma, porque sei que no libro do cole o neno ten un traductor de xerogíficos!

 A perfección incluso nas partes que non foron pensadas para ser visibles....

jueves, 24 de marzo de 2011

miércoles, 23 de marzo de 2011

Primavera

 O inverno quedou atrás e o solciño vai quentando ós poucos...os menos frioleiros xa van en mangas de camisa. Apeteceume repasar as miñas teas de cores e de froles...gustame votarlles unha ollada de cando en vez...

Decidín que era boa idea escoller unha das teas que tivera boa caida ,rematala un pouco,(ou non,) e facer un fular...É doado de facer, mesmo para quen non ten moita idea de costura ,coma mín, e,c ten a vantaxe que cando canses do fular, sigues a ter a tea para facer un coxín, ou un moneco, ou unha bolsa, ou unha camisola!

sábado, 19 de marzo de 2011

Dia do pai e dos xosés

Hoxe, por aquelo do día do pai ocorreuseme poñer dos xarronciños con flores na mesa como un pequeno detalle, pensando que mesmo era probable que ninguén se decatase sequera do tal detalle...Curiosamente cando chegaron os rapaces e o pai houbo moito comentario, sobre todo entre os dous pequenos, que montaron moito alboroto e deron moita importancia ao asunto...como si fixera realmente algo extraordinario!
Por certo os xarronciños están feitos dun xeito moi sinxelo, que aprendín nalgún blog dos que frecuento penso que en Apartment therapy. Tes que botar unha pinga de pintura da cor que queres dentro de calquera frasco de cristal, mover un pouco para que o cubra, deixar secar boca abaixo sobre un papel e xa está...Eso sí, si a pintura e ao auga, procura logo non metelos no lavavaixelas, como fixen eu con un par mais que tiña da mesma cor, que quedaron novamente transparentes logo do lavado!

viernes, 18 de marzo de 2011

As 1000 grúas

Atopei este proxecto que inciou unha rapaza xaponesa que vive en Madrid. Eu xa tiña en marcha as miñas 1000 grúas, e penso que as poucas que teño feitas non poden ter destino mellor que ir voando para alá.

Ainda que o sistema de pregado que explica a rapaza é distinto do meu e parece mellor....vou tentar facelas de novo...






Post post:
Aquí esta o video de como se fai, seguindo as instruccións de  Makiko no seu blog Las 1000 grullas:

jueves, 17 de marzo de 2011

Neste xusto momento, na casa

Temos un combate a morte no Stadium Area, cun claro vencedor, Saurix


e disfruto das raioliñas de sol e da luz que que vai deixando atrás o inverno e  traendo a primaveira


domingo, 13 de marzo de 2011

Excursión

Esta fin de semana fomos de excursión cos nenos, pola zona dos Ancares. Adivemos por Grandas de Salime,  Negueira de Muñiz, Navia de Suarna...Mentras baixabamos e subíamos polos montes, por estradas en espiral vendo pequenos lugares onde semella que nunca mudou nada, escoitabamos sobrecollidos pola radio (cando tiñamos cobertura) o do terremoto de Xapón que mesmo moveu a súa posición no mapa e fixo cambiar o eixo de rotación da terra...

jueves, 10 de marzo de 2011

Onte fixemos...

Este é un onte fixemos falso, porque a careta foise facendo ós poucos, un dia pensar, outro cortar, outro pintar, so  quedaba facerlle os buratiños para o cordón.

O antroido xa marcha, pero ainda queda tempo para o super Concurso de máscaras de Mr. Spoki, así que aí vai o noso traballo..
Aquí pode verse xa posta no probador oficial de caretas

É unha careta adecuada para unha cariña pequerrecha, ao mais pequeno de por aquí que ten catro anos, xa lle vai indo pequena...

Como tantas outras cousas desta casa, está feita cun cachiño dun cartón dos ovos...

miércoles, 9 de marzo de 2011

anduriña

Onte vin unha anduriña neste mandil que fixo Vera, de Brikebrok e quedei con ganas de volver coller unha goma de borrar para grabar algo...Vexo que a miña anduriña saíume bastante diferente da do mandil, que era moi bonita, pero a fin de contas, unha é unha anduriña e a outra unha andorinha....

Esta era  a última goma de borrar extra grande de reserva que tiña na casa... hei de conseguir mais. Comproas nunha papelería que hai na zona vella, no Preguntoiro, e ata agora non atopei outras .mais grandes. Pola parte que non se ve  pon "para mis grandes errores"  e ten un corazón vermello debuxado.

Estes son o boceto inicial, parte do proceso e algunhas probas no papel, para ver si fai falla algun retoque...