miércoles, 23 de marzo de 2011

Primavera

 O inverno quedou atrás e o solciño vai quentando ós poucos...os menos frioleiros xa van en mangas de camisa. Apeteceume repasar as miñas teas de cores e de froles...gustame votarlles unha ollada de cando en vez...

Decidín que era boa idea escoller unha das teas que tivera boa caida ,rematala un pouco,(ou non,) e facer un fular...É doado de facer, mesmo para quen non ten moita idea de costura ,coma mín, e,c ten a vantaxe que cando canses do fular, sigues a ter a tea para facer un coxín, ou un moneco, ou unha bolsa, ou unha camisola!

3 comentarios:

tartaruga dijo...

Que bonitas! Sabes que eu devezo por ter teas con estampados bonitos e preto da casa? Non mercalas por internet, senón achegarme á tenda, velas, tocalas, ver as cores,...
Aquí apenas hai nada, e eu só consigo teas gordas para edredóns ou tapicería, ou teas de raias e cadros... fora diso apenas hai estampados bonitos, é unha mágoa, ó final acabarei sucumbindo a internet para isto tamén.

Moi boa a idea do fular :)

esther dijo...

Eu a maioría das que teño vounas apañando ós poucos nun posto boísimo de teas que hai no mercadillo de Vilagarcia, no mes de xullo non perdo un sábado sen ir. Casi todas as que ves nas fotos son de alí...
Pero tes razón, unha cousa tan maravillosa e tan útil como son as teas con desenos bonitos e sen embargo en moitos sitios non hai moito onde elexir...Eu porque teño desenvolvvido o radar das teas que o meu xa é tolería, e as atopo ata baixo das pedras...

tartaruga dijo...

Mercadiño de Vilagarcía, e estarán agora tamén? Teño que ir á feira por aquí algún día a ver se hai algo... mo apunto! :)