Ata agora traballaramos sobre teas, esto último foi xa sobre papel, a varias cores...Cambia o tipo de tinta, cambia o tipo de pantalla, cambia todo!
Houbo que rexistrar o papel para facer coincidir cada pasada de distinta cor no seu espazo.. Vale, na tarxetiña non coinciden, pero non foi problema do rexistro, senon do fotolito, que o fixen as carreiras e claro, pasa o que pasa...
Todos os erros do principiante están xuntos nesta tarxetiña...pero como resulta que son unha principiante, pois coido que é o normal.
Pois aí están, as miñas primeiras serigrafias! Nada menos que 45 tarxetas dun tirón...Teo dice que teño que numeralas e firmalas, porque son obra orixinal do artista, e as que non estean ben segundo meu criterio, que lles poña PA (proba do autor )....Volví para casa toda chea...obra orixinal do artista, proba do autor...umm, que ben soa