Estes dias ando a facer moitas cousas (pequenas cousas, claro) pero non as podo mostrar aquí: estou botando unha man a Papá Noel e aos Reis Magos e asinei con eles unha clausula de confidencialidade ...
Deixo polo tanto algunha imaxe que non me compromete a nada...
Aquí o noso humilde portal de Belén.
Este ano nunha caixa de viño. A estrela de Belén e un molde que fixera o meu pai hai anos, cando meus irmáns e mais eu ainda eramos nenos pequenos... Con ese molde facía unha estrela de pan que penduraba sobre o noso Belén....Aquel si que era un Belén...faciamos as montañas con trozos de leña, os campos con mofo que recollíamos na horta ou no monte, os camiños con area e mesmo facíamos un lago cun espello, cunha ponte que o cruzaba...O Castelo de Herodes tiña na porta dous gardas da lexion romana, cun casco dourado que lembro moi ben...Había fiandeiras, pastores, xente que sacaba auga dun pozo e como no, os tres Reis magos todos de oro e prata, con os seus camellos e os seus paxes...Cada día había que movelos un pouco cara ao portal de Belén...
Feliz Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario