31/01/12

tag

O meu fillo mais vello é un grande afecionado ao rap, e estame contaxiando o seu amor pola cultura hip hop. Da súa man vou descubrindo aos grupos españois  (que son os que teñen letras que entendo) : Violadores do verso, Tote King,  SFDK, 7notas 7colores, Kase O... estou feita toda unha b.girl! 

Á miña idade non me vexo saltando  cercas cunha mochila chea de sprays, e polo meu traballo tampouco creo que estivera  cómoda embadurnando mobiliario urbán, pero aquí, nun cartonciño, na casa, probei a desenar a miña marca, o meu tag grafitero. Teño que darlle mas voltas ás idea, se cadra quedou un pouco sobrio de mais. Si algún dia vedes ese tag por algún muro dunha estación de tren, xa sabedes...

Como esta fin de semana montamos un moble de IKEA (piquei outra vez, é a última) temos cartóns para dar e tomar...  Estes das fotos son unha especie de carton armado, moi resistente e moi chulo para grafismos varios...Aquí abaixo mostro a obra do meu fillo Miguel (5 anos) que debuxou  catro heroes, a saber: o hulk, o capitan america, o lobezno e o normal.

Adiviña cal é cal.


30/01/12

Os rabiscos do luns

Unha árbore mais para a coleción do luns...

24/01/12

Paseos pola cidade

 Algunhas  imaxes de hoxe

E estas xa pola tardiña...¡cando cheguei a casa,  tiña o sol dentro!


23/01/12

Os rabiscos do luns

Collinlle querencia  ao tema bíblico: a árbore do ben e do mal , Adán e Eva a serpe, a mazá , o paraíso... Non o tiña previsto pero vou facer unha serie dándolle voltas a ese asunto e vouna  titular "A árbore do ben e do mal" "A árbore do coñecemento"  ou algo así de rimbombante. Despois de todo eu  son a dona dos meus garabatos e os chamo como quero. Se cadra algún día serven de base para facer unhas serigrafías ou unhas litografias ou uns  linograbados...ou uns algo,  se soi quén de meterme a facelo...

20/01/12

Onte fixemos

 Onte estreamos estas ceras para pintar sobre tea que lle deixaron os Reis Magos a Miguel, na casa dos seus curmáns Nico e Marta. Están xenial! Fixemos dúas bolsas para o pan, que no lo traen a casa quentiño pola mañán, así poidemos deixar unha na casa, e a outra levaa a muller que o trae. 



Aquí está unha das bolsas xa rematada, a que quedou na casa, a outra xa está na panadería, ata mañán. 
Mentres Miguel facía os debuxos, eu fixen tamén as miñas probas,  nun anaco de tea .Fixen esta moneca, un pouco sen pensar, pero quedou chula non? Encantanme estes crayons...Despois de pintar tes que fixar o debuxo coa prancha (poñendo un papel entre a tea e a prancha) e despois xa o podes lavar.Vou facer a proba do lavado a ver que tal...si vai ben, xa pensarei  algo para facer con eles para a tenda...unhas bolsiñas ou uns mini  coxíns ou que sei eu...







Post post:


No meu blog aparece unha lenda do traductor de google que pon: esta páxina está en portugués quere traducirla? Hoxe por curiosdidade dixelle que sí e esta e a tradución que sae:


 UENTE estrenó estas ceras y pintura sobre el té que lle deixaron los Reyes Magos a Michael, la casa de sus curmáns Nico y Martha. Estan xenial! Fijemos dos subvenciones a la sartén, de modo que en la casa de Quentin Traen pola Manan, asi Poide deixar clavo en la casa, y el otro conduce a la Trae muller.




Non é xenial?
Subvenciones a la sartén! como mola

17/01/12

Paseos pola cidade


Estas dúas imaxes son en Santiago de Compostela, moi perto da catedral. 
A que ven agora, saqueina esta fin de semana, en Ferrol...semella unha  casa encantada verdade?