sábado, 27 de julio de 2013

ultimos deseños

Estes foron dias de moita conmoción, cun accidente ferroviario  tan grave e tan perto de nos...en Santiago, onde vivo, nun tren con destino  Ferrol, onde nacín. E curioso, os primeiros dias de vacacións atropelaron unha nena aquí, na illa de arousa, xusto fronte a nosa casa. Fumos os primeiros en estar alí con ela, mentres chegaba a ambulancia. Non foi, finalmente, nada grave, e sabemos que a nena esta recuperandose ben, pero a impresión foi terrible.  Moitas veces venme a imaxe da nena  tirada no chan a cabeza, e lembro a sensación de impotencia, de non saber moi ben que facer, de querer aliviar a dor e non poder facer mais nada que darlle a man e falar con ela para que sentira  que non estaba soa..Non quero nin pensar o que debeu ser este accidente de tren, a terrible impresión dos veciños que chegaron alí nos primeios minutos, en fin...


Estes son uns deseños que fixera para o ultimo concurso de spoonflower que creo que non chegara a mostrar aquí. O tema era "horses".Fixen unha tea para combinar, con cruces, e aproveitei unha vella para usar a mesma paleta de cor. Este foi o resultado:




martes, 23 de julio de 2013

viernes, 19 de julio de 2013

bocetos

 Estou encantada coa miña ultima adquisición! E ese pinceliño que ten un depósito de auga...Así podo levar a miña caixa de acuarelas a todas partes, Desde que teño ese pincel desatouseme a febre do apunte rápido. Fago un esbozo cun rotulador fino e logo collo o meu pincel que bota auga e doulle un toqueciño de color...






jueves, 4 de julio de 2013

Arte postal

Hoxe mandei esta postal para a convocatoria de Mail art "Una postal azul" de Igakusei. Estaba recollendo as cosas do curso dos nenos (nótase que non están na casa no?, dame tempo a tontear con mail arts e todo) e aproveitei unha carpeta vella para facer a miña pequena contribución... Estas carpetas azuis e marróns, as de toda a vida, gostanme moitisimo, teñen unha cor tan bonita! Eu vou aproveitalas e recortalas en anacos mais pequenos para debuxar algo nelas ou para facer as portadas de cadernos de bocetos...


martes, 2 de julio de 2013

Concurso semanal deseño textil de Spoonflower, tema: Picnics



 

Esta vez fixen a miña tea  a partir dalguns debuxos soltos que logo fun montando. Este é o deseño da tea xa rematado. Está pensada como unha cenefa, e dicir, unha tira continua duns 90 cm de ancho (vamos, unha yarda) cunha escea que se vai repetindo, mais ou menos así:

E fixen esta outra para combinar:

E por hoxe vou deixalo xa, pero teño tres ou catro mais na cabeza que creo que ían quedar ben...Si podo sigo mañana.