martes, 28 de octubre de 2008

platos

Non creo que a miña nai tarde en mercar un ordenador e conectarse a internet. Cando meus pais viñeron nos visitar a última vez, mostreille as fotos da súa casa de Esmelle que subín a flickr e mostrouse moi interesada no tema. En particular gustoulle unha das fotos que vimos, que é de Lisa Congdon, (a bird in the hand) a irmá de Stephanie Barnes (Little birds) . Cando volvín eu pola súa casa de visita xa tiña feito a súa propia composición. Díxome que lle escribira un correo a esa tal Lisa para contarlle que lle gostaba moito a súa idea e que a había copiado. O caso é que fixen moitas fotos da súa outra casa, e están xa en flickr. Onte dúas personas habían marcado dúas destas fotos como favoritas, o que lle fixo moita ilusión. Xente tan lontana, vendo a súa casa...¡
Esta é a foto de lisa congdon que tanto lle inspirou, e que levou na súa cabeza para facelo despois na súa casa:

viernes, 24 de octubre de 2008

bolas de papel

Levaba xa tempo con ganas de facer este pompón de papel. A idea orixinal é de Martha Stewart, que ven sendo como a Oprah Winfrey do craft. Merece a pena darse unha volta pola súa páxina web, porque é unha fonte inesgotable de ideas para facer na casa, cos nenos, por exemplo, e ten todo moi ordenadiño (por material, por época do ano...) O caso é que nos puxemos a traballar e os resultados son espectaculares, para o doado que é de facer. Nun plis plas tes bolas feitas para armar un exército de animadoras.
A primeira bola fixémola con papel de seda, pero as seguintes xa foron cos restos dun mantel de papel que tiñamos por casa, e tamén quedou moi ben.
Agora estou a pensar nas posibilidades de combinar capas de distinto color, ou probar con papeis máis ríxidos. A verdade é que se fan en menos dun minuto, e quedan moi ben colgadas en calquera parte.

domingo, 19 de octubre de 2008

Arbo for ever

O fin de semana estivemos en Arbo, cos amigos e os nenos... Solciño de outono, paseos polo monte...risas á hora de deitarse... E sobre todo o almorzo do domingo, que é eterno, sen prisa, reenganchando turno...case que ata a hora de comer... E como sempre, a cesta de outono de Yeyi. Esta é a que fixo Valentín ao chegar a casa, coas cousas que foi recollendo.

viernes, 17 de octubre de 2008

alfombras

Nunca foi un tema que me dera moito tirón, pero agora ando de cheo metida no mundo das alfombras. Na outra casa non tiña alfombras, sempre por algunha excusa... que si a alerxia do neno, ...que é mellor ver o chan de madeira tan bonito...aínda que agora doume conta que en realidade é porque nunca vira unha que me gostara... Despois de ollar un pouco na tenda virtual de Nani Marquina agora pásame o contrario...pareceme que non teño chan dabondo para tanta alfombra como quero... O que pasa é que o presuposto non da para tanto. A cousa sen embargo, tivo o efecto de facerme coller o punto ao das alfombras e navegando navegando sempre se atopa algo a bó precio. Agora veño de mirar algunha destas. Esta, como non, chámase New York, ahí está cuspidiño o Central Park.
Tamén gostáronme estas dúas:
moitas máis aquí e aquí

viernes, 3 de octubre de 2008

ventás II

Estou a buscar un sistema sinxelo, bonito e barato para as galerías da miña casa. Que deixen pasar a luz e o sol e as marabillosas vistas que temos, pero á vez que nos dean un pouco de intimidade, bastante dificil cando o cristal vai de arriba abaixo e ocupa casi todo o fronte da habitación. Estou a probar cun sistema ben sinxelo: colocar papel de croquis na parte baixa. Cando facía a proba pensei que non estaría mal facerlle un debuxiño ou calquera cousa, que podía quedar moi ben co efecto da luz pasando ó seu través. Puxenme a buscar na rede inspiración e coma sempre, acabei indo de aquí para alá, olvidado xa o motivo inicial da consulta. Atopei páxinas interesantes coma esta é o firme propósito de facerme cun destes Finalmente, atopei esta imaxe, nunha galeria de flickr que me pareceu formosisíma. Eu non sei como está feita esta , pero eu penso facela cunha pataca.
Se é un suceso ou un fracaso xa se verá. De momento, estou probando co papel.

jueves, 2 de octubre de 2008

de ventás e tomates

Volven a ser recantos da casa da miña nai en Esmelle. Góstame miralos de vez en cando, cada cousa ten o seu aquel... O retrato da parede é da miña irmá. Fíxeno eu fai máis de 20 anos . A cortina da porta é unha toalla do axuar de voda da miña aboa, ahí están as iniciais do pai e da nai do meu pai ...A terceira ventá ten un estor calquera, comprado en calquera sitio, pero que ao poñerlle as borliñas semella ser especial...Na última están os tomates da horta do meu irmán a madurar ao sol...Penso que estes son os verdadeiros privilexios da vida... estar en paz cos teus e poder comer tomates da túa horta.