miércoles, 30 de junio de 2010

mail art

O ano pasado fomos, o Val e mais eu, a un obradoiro de arte postal, do que xa falara aquí, e hai un tempo o que fora o noso profe mandounos unha invitación para participar na convocatoria que co lema Senda esta a organizar en colaboración co CGAC ...fixérame moita ilusión, o mesmo que ao neno. 

O prazo para enviar as cartas remata o dia 10 de xullo, así que por unha vez chego a tempo...teño a teimuda costume de querer facer demasiadas cousas ó tempo para, ao final, non rematar nada  en forma  e prazo...

Enviei dous, unha  feita con pintura sobre a miña axenda do ano pasado, que despois fotocopiei sobre papel fotográfico A4, e á que puxe a dirección polo anverso, sen mais. Este é un detalle:


 E a outra é esta, que despois dobrei dándolle a  forma de sobre:



Esta é a pinta que tiñan polo anverso, xa listas para pórlles o selo:


Hoxe a mañán merquei o selo nun estanco e voteinas nun buzón amarelo, porque levalas a Correos dábame un pouco de corte. Agora o resto do traballo farano os funcionarios de correos (ou corrédevos, si usara un tradutor automático como o da Voz de Galicia), e as marcas da súa viaxe cara ó seu destino... que tampouco é que estea moi lonxe...

martes, 29 de junio de 2010

Françoise Tellier-Loumagne

Por casualidade, buscando outra  cousa, atopei esta referencia que me pareceu inspiradora, aínda non sei moi ben para que...pero aí queda, no almacén do cerebro...

lunes, 28 de junio de 2010

A colección do luns

A miña colección (ata o momento, ven outro de camiño) de libros xaponeses de esos, non sei como chamalos...

domingo, 27 de junio de 2010

cousas que estou seguindo en ebay

Que gran descuberta!...cartelistas polacos en ebay...como non sei polaco custoume chegar, paro agora xa sei onde se agochan Jan lenica, Lech Majewski, Waldemar Swierzy... e moitisimos mais



































viernes, 25 de junio de 2010

RETO 13

Hai varios sábados que non vou de rastreo a RETO, e que non podo dispoñer da fin de semana, así que teño o do Reto dos sábados un pouco desgobernado, pero hoxe decidín empezar facer algo...

 Esta é a lámpada da nosa habitación, e deume unha idea para darlle uso a unha  especie de armazón de vimbio que trouxera de Reto. En principio pensaba adicalo a colgar sombreiros ou colares ou algo así, coma si fora un manequín, e así estivo na miña cómoda todo o tempo. Pero estaba farta de ver a  bombilla pelada na entrada de nosa habitación, así que dándolle a volta  ao chisme, colgueino a modo de pantalla , coido que combina ben coa outra:
Gústanme as sombras que fai, así en espiral ...para ser sincera,  queda mellor na foto, feita tombada no chan, que na realidade, pero polo menos, xa non vexo tanto aquela  bombilla....Dificultade técnica, non tivo moita: craveino directamente no teito.

En fin, estes dias os nenos pequenos van estar  cos avós, así que espero poder dispoñer de mais tempo para adiantar retos pendentes, ordenar armarios varios e rematar limpezas de primavera, que xa  se converteron en limpezas de verán... perdín a ocasión de votar a cacharela de San Xoán moitos trastos acumulados...pero sempre quedarame o Punto limpo...

Hoxe é a primeira tarde en moito tempo que escoito o  silencio na miña casa... canto o votaba de menos!

jueves, 24 de junio de 2010

A noite de San xoán

Onte fomos ver cos nenos  as cacharelas , que é como chaman aquí as fogueiras de san Xoán, (nos de nenos chamabámoslles luminarias...)
O Val non daba crédito...ninguén pode saltar esa Cacharela!...Tiña razón...quedou mais tranquilo cando o lume foi baixando e os rapaces empezaron saltar de carrerilla...


Os últimos dias foron moi intensos para os nenos...Non tiven moito tempo de pasar por aquí...houbo torneos de baloncesto, concertos de clarinete  na praza do Toural... despedida de profes que se xubilan...festa de fin de curso...e as vacacións!...Os dous nenos pequenos volveran ó mesmo centro o curso que ven, pero o maior déixao para sempre...agora pasa ao instituto...palabras maiores!



Nesta escola pasou oito anos...aí esta a pequena horta e a ventá da súa clase de segundo, creo, agora nesa aula esta o seu irmán pequeno...Esta é unha escola moi pequeniña onde todos se coñecen...Ao neno chamoulle a atención unha vez que fora a xogar un partido a outro colexio que un profesor chamaba a un rapaz dicíndolle  ei,  neno! porque non sabía o seu nome...Aquí todos poden chamar a todos polo seu nome (mesmo polo seu alcume) ...En fin, remata unha etapa e empeza outra...

Vai moita calor, teño sede de mar...o verán xa está aquí, definitivamente... feliz dia de San Xoán!





lunes, 21 de junio de 2010

A colección do luns

Gubias... Xa teño para cando monte o meu obradoiro... 

Hoxe tiña no buzón un paquete...Xa supoñía o que tiña dentro, porque o merquei eu, pero non deixa de ser como recibir un regalo...ven empaquetado e os selos son coma os adornos do paquete...Gustame empezar a semana recibindo un paquete de correos (aínda que tamén serviría un regalo)...

viernes, 18 de junio de 2010

pintando

Hoxe volvín coller as acuarelas...Mais ou menos puiden ter os modelos tranquilos un rato mentres vían Avatar  (uns debuxos na tele que nos gustan moito ós catro) O neno maior estaba en baloncesto, así que o metín a última hora no encadre, cando volveu, pareceume que  tiña o oco feito ... Cando viu o cadro rematado comentoume:  Nos non  somos, pero si que son uns nenos...Eu tomeino como o que foi: un eloxio.


miércoles, 16 de junio de 2010

A outra bandexa

Para pintar a miña segunda bandexa tiña pensado inspirarme na  deseñada por Marianne Westman, da que xa falara noutra entrada, pero ao final pensei, iso xa o fixo ela ...xa que vou facer un debuxo para min, mellor coller algo mais persoal, mais noso, e ocorréuseme inspirar no meu xogo de café de Sargadelos, que vexo tooodos os dias dende hai mais de 12 anos e ao que teño moito agarimo.

 Con esta cafeteira na cabeza enlacei cunha idea que vira no meu amado libro Xogar creando: O papel, no que aparecían deseños feitos por contraste positivo- negativo, recortando pezas do papel e dándolles a volta, en concreto nesta páxina:


Así que,  remexendo todo na cabeza ,  saíu isto:


Gústame como quedaron, mesmo a imperfección do trazo na cafeteira da dereita... agora estouche  moi wasi-sabi...

Aquí vai para rematar, como é de rigor,  a imaxe do antes e despois das dúas bandexas:




lunes, 14 de junio de 2010

A colección do luns

Mini libros da editorial Kalandraka...parece mentira que colla todo aí dentro...

peixes


Esta fin de semana, entre outras moitas cousas, déuseme por customizar bandexas...Teño na casa dúas destas de  melanina que eu non sei de onde foron saíndo, de un  todo a cen supoño...Tiñan un deseño feo e collinlles manía...pero botalas o lixo tampouco parecíame axeitado, así que pinteinas de branco coa idea de facer un debuxo nelas.

De momento so fixen unha , a que se ve na foto, na que debuxei, cun rotulador permanente, uns peixes... A idea collina dunha bandexa que vira nun  libro de edicións Paumes titulado Stockholm´s kitchens,  pero por mais que busquei en internet non atopei nin o deseno nin o autor da bandexa aquila...

Pero buscando buscando, atopei todas estas outras cousas para me inspirar cando faga a  segunda...





 
 
Post post:


Esta última  bandexa, que teño en seguimento en ebay, pertence á colección PICNIK , un deseno de Marianne Westman para a fábrica de porcelana sueca Rösrstrand
Creo que vou inspirame nesta para facer a miña.