domingo, 31 de marzo de 2013

e o reto (atrasado) de febreiro.. feito!

Aquí está, rematada por fín, magnifica, a miña alfombra trenzada!...O meu reto para febreiro, cun pouco de retraso, cumprido tamén!


Que bonitiña quedou, non vos parece?
Empecei con ela hai mais de catro anos...Está feita con pantalóns vaqueiros vellos que fun apañando pola familia, sábanas de franela usadas e lonetas que tiña por casa... Estou moi orgullosa dela. Aquí van as imaxes da nosa historia de amor










 
 

Reto marzo...feito!



O reto de marzo era arranxar esta lámpada e -ainda que dun xeito diferente a como tiña pensado- aquí esta. Para outra volta queda o meu experimento cos filtros do café e  os moldes de papel das madalenas. Esta vez  tocoulle de novo ao washi tape, que é moi socorrido. Así ademais teño o mostrario á vista, a lámpada leva un pouquiño de cada.
 Aquí van algunhas imaxes do proceso, que non ten mais ciencia que curtar e pegar












viernes, 29 de marzo de 2013

Mercadillo

En Santiago os xoves hai feira.  Ainda que eu son asidua ós mercadillos, normalmente aquí non podo ir, porque estou no traballo. Hoxe é xoves e non teño traballo, así que pareceume boa idea ir dar unha volta.

Disfrutei da visita, ainda que como sempre nesta cidade, foi un paseo un pouco pasado por auga. Aquí vai un pequeno resume da visita...queda claro que é o que me tira non?

 

 
Esa especie de campamento blanco que se ve ao lonxe é o mercadillo. Agora está ao lado do parque de Salgueiriños. É unha mágoa que se puxera a chover forte, tería sido un agradable paseo...


 
 
 
 

jueves, 28 de marzo de 2013

Washi tape



Este  ramo de flores deume a excusa para usar un pouquiño do meu washi tape. 
Ai, Primavera, primavera... ves ou non ves?


domingo, 24 de marzo de 2013

Benvida, primavera!


Quedaron,  por fin, atrás estes últimos dias co neno pequeno no hospital ... Xa está na casa, como si non pasara nada, sorrindo, xogando e correndo outra vez. Agora podo sentir de verdade que chegou a primavera e teño ganas de facer cousas e de mercar flores...e mesmo de cantar.

Non houbo moito tempo, pero xa retomei algún dos meus traballos atrancados e mesmo empecei outros novos... 


A famosa alfombra xa entrou na fase de montaxe, non queda moito, penso que vou poder rematala para este mes de marzo.

Tamén probei a facer unhas etiquetas para os meus monecos. Fixenas con papel transfer sobre o que imprimín  o nome da tenda co pequeno logo de proba que fixera un dia. E importante non esquecer poñer o debuxo invertido, para non estragar  unha folla como me pasou a mín. Unh vez impresa a folla transfer recortanse os nomes o mais ao borde posible,  poñense sobre a fita cara abaixo e pasase a prancha. Vale, o resultado non é absolutamente profesional, pero  non queda tampouco nada mal.



Mañana mesmo vou  comprar flores, mentras, vou ir tirando co meu xarrón de recortes de teas




lunes, 11 de marzo de 2013

Cada quén fala da feira...

Con tanta emoción nestes dias, que foron moi intensos, esquecín facer a crónica da miña experiencia na feria de artesanía...Pois aí vai.
O sitio que nos tocou era moi malo, nun extremo da feira polo que case naide pasaba.Cando eu cheguei, xa era moi tarde, e quedei ao cargo do posto na ora de comer que é a pior...O sitio era moi estreito e pasaban os coches as miñas costas e  xente con moita presa por diante... En fin. 
Eu constatei que o meu non son as vendas, e que unha vez feito o traballo, e colocado dun xeito bonito, non teño moito  mais que engadir ou aportar. Descubrín, pola contra, que a miña irmá é un animal escénico da venda, que se crece xusto cando eu encollo, no momento de mostrar e promocionar o produto ...
Asi que grazas a ela, e maila estar nun sitio tan malo, fumos vendendo monos, fulares e mesmo un papagaio , pero o certo é que todas as ventas (menos un par de macacos)  foron a xente coñecida. .Vin que as miñas cousas gostaban, pero non disfrutei tanto como esperaba da experiencia de vendelos. Cando alquén os miraba con bos ollos e dicía que bonitos! tiña que controlarme para non regalarllos, e outras veces, vete ti a saber por qué,  había xente a quén non me pedía o corpo venderllos. Ademais quedei coa dúbida de si a xente mercaba porque coñecía a miña irmá ou porque querían e apreciaban as cousas. Así que en resumidas contas, eu cheguei a miña casa moi cansa e cun sabor agridoce...

Ao dia seguinte chamoume a miña irmá para comentar a xogada e estaba eufórica. Parecíalle que tiñamos arrasado e non dubidou de xulgar o asunto como un éxito total.... O de que compraran os coñecidos considerouno normal: eu non lles puxen un coitelo na gorxa, compraron porque quixeron! 

En fin, á vista desta analise, fun subindo un pouco a moral. e vendo a cousa doutro xeito... A miña irmá deume diorectrices moi claras.. os monecos rosa ten moita saída e o mais demandado, os negros e grises menos. Fai cores mais alegres, compran mais as nenas. Cose mellor as patas dos elefantes: tiven algunha queixa dunha patiña e unha orella que estánse a desprender. 

Ao final, contaxoume o entusiasmo, e xa estou a facer mais monos...non sei si a miñá irmá terá tantos coñecidos como calcetíns comprei,  así que a próxima vez será a proba definitiva...



Aquí está o novo lote de calcetíns á espera de se converter en mais  monecos. Estes das meniñas que atopei son que ni pintados para facer algo con eles...Por fin atopei unha excusa para ir osmar na zona de nenas das tendas!

sábado, 9 de marzo de 2013

Novo bebé na familia!

 O noso sobriniño naceu xa e tan liada estiven  que non fun quen de pasar por aquí a deixar constancia de tan grande acontecemento!. O 3 do 3 do 13 chegou para xa  se quedar nas nosas vidas un novo menbro da familia. Bicos, bicos ao neno, ao seu irmanciño e aos seus pais. E para acompañar a boa nova dunha imaxe mostro un dos bodies de bebé que fixen no curso de serigrafía, que  foi con todo o meu cariño para el.



viernes, 1 de marzo de 2013

Non puido ser


Vale, teño que recoñecer que si a data de hoxe, venres 1 de marzo,  non fun quén de rematar a miña alfombra, non hai excusa posible: o meu reto para o mes de febreiro non foi conseguido. 
Sintoo ben, porque o tiña na punta das mans...Era tan doado, que fun un pouco sobrada e deixeino para o final, confiando que tería tempo de sobra...Aproveitei para facer monos e páxaros e non contei con que as veces xurden contratempos e imprevistos que fan mudar as túas previsións...Esta última semana que tiña eu toda organizada para adicarme a miña alfombra, virouseme por completo, e loxicamente, o que non é mais que un pasatempo queda relegado ao último lugar das tarefas pendentes...


 Pero non importa, a miña alfombra ten xa moitos metros mais e queda acumulada ao reto de marzo, que empeza a correr o seu prazo desde xa.

Para alegrarme un pouco o ánimo, nunha semana que foi un pouco triste para mín, chegou onte o meu pedido de  Wasi Tape...un pequeno capricho que me permitin. Levo suspirando por estas cintas varios anos, e nunca me decidía a comprar ningunha, son todas tan bonitas! Parecíame imposible escoller unha soa ou dúas ..Así que o dia que vin este lote en internet a moi bo prezo, deume a  routada e o merquei...Xa casi  tiña olvidado o pedido, que ven de moi lonxe a paso lento, pero ao fin chegou...Que bonitiñas son!




Pois despidome xa. Mañana sábado 2 de marzo, vai ser o meu estreo no mundo das ferias , xunto coa miña irmá e unha amiga...Vai ser na feria de artesanía do Soho-Vigo, que celebrase  o primeiro sábado de cada mes.

Nunca estiven nunha cousa destas e non sei como funcionan, pero de repente apeteceme ver si os meus monecos merecen que alguén se deteña no posto  a mirar  ou non, ver a cara da xente cando os mira, saber si lle gostan ou non ....Dame a sensación de que do que mañana perciba ou non perciba na cara da xente que pase polo noso posto, ainda que sexa unha soa  persoa,  dependerá que siga  ou non con esto da tenda, que ata agora, non é mais que unha idea sen desenvolver...