sábado, 30 de mayo de 2015

Exposición en xuño no Ateneo ferrolán.


Pois sí, o próximo venres,  dia 5 de xuño, as 7:30 h,  inauguro a miña primeira exposición de pintura, no Ateneo ferrolán,  Xa non hai volta atrás, así que é millor que me faga a idea., levo un mes disimulando como si a cousa non fora comigo!.



jueves, 28 de mayo de 2015

Por aquí outra vez

Certo é que tiña o blog abandoado...A última foto que publiquei foi realmente premonitoria: tempo conxeado. Desde ese post de febreiro pasaron moitas cousas pero eu non pasei por aquí, así que a miña vida parece que quedou detida nesa foto dunha ventá chea de tearañas, cando non é así. 

De momento, estou moi contenta porque un dos carteis que presentei a un concurso quedou finalista (levei unha alegría tremenda cando me chamaron, esa xa no ma quita nadie) Foi nun  concurso de carteis pàra as festas de Barañain aquí podense ver os finalistas, entre eles o meu. Ao final, na fase de votación popular gañou outro, ( o da esquerda) pero eu quedei segunda o que penso que non estivo mal.


Tamén estiven traballando nun logotipo  para a cafeteria da miña curmá Patricia en Vigo, Antergos, que se cadra xa mostrarei, mais adiante. Xa ten posto o letreiriño luminoso co meu deseño e aínda non fun quen de ir por alí para ver como quedou!

O caso é que agora mesmo non son  capaz de pensar noutra cousa que na exposición de pintura que vou facer o mes que ven, o sea xa!.

Non sei se contara aquí que hai un ano, cando me dera por poñerme a pintar,  mandei algunha solicitude a varias salas de exposicións e dixeranme que si no Ateneo ferrolán. Pois a data que fai un ano  parecía tan lonxana xa chegou, e a semana que ven inauguro a exposición. Que medo!

Aquí está o meu irmán botandome unha man cos marcos

Eu decidín que é mellor que me relaxe e deixar de pensar na cousa da exposición,  porque cada vez que miro para os cadros dame o punto de poñerme a repintar todo e xa non vai dar tempo a que seque!
Mañán a ver si podo poñer o cartel da exposición e mais datos.