miércoles, 25 de junio de 2008

telas

Estas telas eran da miña nai, e estiveron sempre roldando pola casa, desde que teño memoria. Han de ter máis de corenta anos. Agora, á vista da miña recente tolería polos tecidos, a miña nai doumas, para que faga algo con elas ... E claro, pódeme a responsabilidade ... A mín paréceme que as telas están bonitas así, dobradiñas, para velas de vez en cando... Coido que nada do que eu faga pode pagar a pena de cortar a tela .... Un legado semellante non é para estragar con alguén que ainda está lendo as instruccións da máquina de coser!

sábado, 21 de junio de 2008

miércoles, 18 de junio de 2008

Papel


Góstame este libro. Compreino de segunda mano en ebay solo pola portada, e atopei un tesouro no interior. Fixemos algunhas probas xa, pero queda moito por experimentar, as posibilidades do papel son casi infinitas... (como xa dixeramos do leite)



martes, 17 de junio de 2008

As infinitas posibilidades do leite

Desde que entrou este libro na casa están a pasar cousas inusitadas. O meu home ten o libro na mesiña de noite, e o seu carón mentres almorza. Leo no tren e levao cando vai de paseo. Eso que che é un tocho considerable. O domingo pasado mesmo o vin cun lápiz e un papel, como si estivera tomando apuntes nunha biblioteca. Agora está embarcado na rehabilitación da manteiga, que dis que non é tan mala como dicen... Do leite, xa sabe todo o que se pode saber. Antonte, cando saía de casa miroume ós ollos e dixome ... En realidade é como a mahonesa...unha emulsión...


Non tardou a cousa en virar da teoría á práctica. Onte estivo a facer experimentos na cociña, e a verdade, deixounos a todos marabillados. Primeiro, preparoume un café con espuma, batendo o leite, que "estabilzou" no microondas para que mantivera a consistencia. Despois seguiu a bater (esta vez nata) e fixo manteiga. Pero en cousa dun minuto¡. Os nenos quedaron abraiados. Despois pasou a cosas maiores. Fixo, creo que dixo, beurre noissette, ver foto de aquí abaixo, e outra cousa que non me lembro.

Hoxe, tan pronto chegou, xa se puso mans á obra. Esta vez fixo iogur, o leite agrio máis ben, que non sei si é o mesmo. En fin, ¿para cando o queso?, xa lle vai tocando...

Posted by Picasa

lunes, 16 de junio de 2008

anapequena


Esta foto é en honor dunha ilustre visitante que atopou o meu blog. !E eu que pensaba que andaba a vagar perdida polo espacio sin contactar con ninguén...! Gracias polo teu comentario, mi vida.
Posted by Picasa

sábado, 14 de junio de 2008

bolsas de plastico


Estou a facer cousas coas bolsas de plastico do super, esas que atopas ciscadas por todas partes e son coma una plaga. Con estas penso facer unha caixa, para gardar xoguetes, ou mesmo os ovillos que fago cortando as bolsas. Este é o modelo "hipercor".Teño outro modelo que é "Hiperfroiz", que podes ver aquí
Posted by Picasa

domingo, 8 de junio de 2008

sock monkey


Esto de facer os monos de trapo é divertidísimo. Xa non son capaz de ver un calcetín sin imaxina-lo mono que leva dentro.

Son moi doados de facer

jueves, 5 de junio de 2008

panciño quente


Sempre fun unha forofa do pan. Ata agora, centrábame maís na cosa de comelo. Fai un tempo estou máis polo de facelo. Cando teño unha mañá un pouco tensa , toca fornada pola tarde. Logo de amasar un pouco, quedo como nova, e cando empeza oler a pan recién feito, xa nin me acordo da mañá. O resultado, ahí está. Non son os mellores boliños do mundo...pero son os meus.

lunes, 2 de junio de 2008

pedras floridas




Un anaco do que vexo cada día desde a ventana do meu traballo. Si tivera nos ollos un zoom, claro