![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhc7oIh5GAel1PeYLAtJX1pwTzLphdyh6YnCaPD1LSSQYZiTlTq5HTy9FwnmlLbv4ZxIf-2oafneEL1BStyxEmc_Ijlk_4PyJyVi8uLFGe3NMOmlPbGfZIDoGXGZTnpOyWCH81Hj_J33GM/s320/dia+17+010.jpg)
Desde que entrou este libro na casa están a pasar cousas inusitadas. O meu home ten o libro na mesiña de noite, e o seu carón mentres almorza. Leo no tren e levao cando vai de paseo. Eso que che é un tocho considerable. O domingo pasado mesmo o vin cun lápiz e un papel, como si estivera tomando apuntes nunha biblioteca. Agora está embarcado na rehabilitación da manteiga, que dis que non é tan mala como dicen... Do leite, xa sabe todo o que se pode saber. Antonte, cando saía de casa miroume ós ollos e dixome ... En realidade é como a mahonesa...unha emulsión...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKw4iXvkVGbvnOd2nmRmXf1ydvYtKTU-WkZgOlzGwqXVpx6ChfdciB1_JdDcJEYwu3aLaQ-8KgW85u-L3hPc7D-54KENvQPgGmdT4dCBqDIY2KAAjegvFdF_BHoUPKV51k0LQechwt1V4/s320/dia+17+012.jpg)
Non tardou a cousa en virar da teoría á práctica. Onte estivo a facer experimentos na cociña, e a verdade, deixounos a todos marabillados. Primeiro, preparoume un café con espuma, batendo o leite, que "estabilzou" no microondas para que mantivera a consistencia. Despois seguiu a bater (esta vez nata) e fixo manteiga. Pero en cousa dun minuto¡. Os nenos quedaron abraiados. Despois pasou a cosas maiores. Fixo, creo que dixo, beurre noissette, ver foto de aquí abaixo, e outra cousa que non me lembro.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjFQiNLfYjl7_2IOxV22cMzpeQ8e5DdJ4nQ1QS-u5XnKcU74QcaPViQ9vLR2rO87IVlngRuxE-wtNzMiA1LVoSfkUDqqMSjHL7R-txZXpgv8d_N0zNKOrfBI6C71jR-wAcTmxPInkQ1Shk/s320/dia+17+013.jpg)
Hoxe, tan pronto chegou, xa se puso mans á obra. Esta vez fixo iogur, o leite agrio máis ben, que non sei si é o mesmo. En fin, ¿para cando o queso?, xa lle vai tocando...
2 comentarios:
ESE PUCHO¡¡¡estou desaxando unha demostración do virtuosismo co leite.
¿xurasme que non engorda?como é unha emulsión
Hai xa dias que non paso polo teu blog. O meu despiste intrínseco engrandécese pola calor.
Pero góstame voltar e ver que cada un segue no seu sitio.
Ler as aventuras de Pucho co libro dos alimentos faime estar un pouquiño máis cerca... case como cando viviamos en semi-komuna na rúa da Troia.
Espero, case con ansiedade, o capítulo dous.
Bicos mil.
Publicar un comentario