viernes, 13 de diciembre de 2013

Street art

 Hai tempo que non subía fotos da miña colección de pintadas na rúa. Estas tomeinas na Coruña, hai unhas semanas, na zona de San Andrés




miércoles, 11 de diciembre de 2013

Compostela o dia 11 do 12 do 13

Non puiden resistirme a ter unha entrada con esta data!
Algunhas fotos que fixen hoxe co móbil cando volvía para a casa cos nenos...A que é unha sorte vivir nunha cidade coma esta?





E aquí uns experimentos fotográficos que fixen dándolle volteretas ao telefono



miércoles, 4 de diciembre de 2013

calendario de advento II

Por variar un pouco fixen outro calendario de advento para os nenos este ano,  pero hei de dicir que  non tivo un exito apabullante como tivera o outro. Un, porque neste modelo collen menos larpeiradas e agasallos dentro, (por exemplo, non colle unha para cada un, o que xa complicou o reparto) .Outro, porque aquí, na casa,  as cosas do Nadal levanse con moito miramento:  o que se fai un ano queda xa para o outro como unha tradición sagrada que non se pode variar...E o calendario de advento que se usosu toooda a vida foi o outro (que non ten mais de dous o tres anos)

Este é moi doado de facer. Simplemente recortanse duas pezas iguais de figuras sinxelas (estrelas, corazóns...)en papel resistente e cosense facendo unha bolsiña, deixando dentro a larpeirada.



Este é o outro que xa fixera hai uns anos, no que, supostamente, nos petos  caben sen problemas duas saltarinas, e varias chocolatinas
Os nenos están xa que bulen. A min veñen decindome xa hai uns dias que o Concello xa colocou a arbore de nadal na  Praza do Obradoiro e que xa están postas as luces das rúas, polo que xa vamos con retraso, temos que adornar a nosa casa xa, as carreiras. Eu digolles que as luces están postas, si, pero que ainda non as acenderon, pero eles repican que eu faga o mesmo, que as vaia poñendo, que o de acender xa se falará...

Así que para entrar en modo Nadal,  apañamos un pouco as escondidas estas ramiñas que hai de camiño para a casa e as colgamos así, tal como chegaron da rúa.

domingo, 1 de diciembre de 2013

O que sobrou da guirlanda

Alguns dos cadradiños do mostrario que non usei para facer a guirlanda aproveiteinos para facer unha fundas de gafas ( ou para calquera uso ), combinados coas miñas rosas azuis, que as fixera cando o curso de serigrafia . A miña ide e subir as bolsiñas a miña tenda (en realidade tendas, agora veño de abrir outra en Dawanda, para probar). Faltalles o peche metálico flexible que tanto traballo estame costando atopar...
Estas son algunhas das fotos de proba que fixen das funda, a ver como quedaban mellor...












viernes, 29 de noviembre de 2013

Unha guirlanda

E que foi daqueles propósitos mensuais meus? Os tiña xa esquecidos! ... alá foron setembro  e  outubro pero penso que a novembre ainda chego a tempo. Polo menos fixen algo cun dos meus mostrarios de tapicería. Este é un dos meus favoritos, porque é como ter na casa o arco iris...Pensei que facer unha guirlanda con él era o mellor: é o mais sinxelo do mundo e ademais non se perde esa idea do arco iris, de ver todas as cores xuntiñas en gradación. A cousa e ben doada:  hai que despegar os anaquiños de tea do armazon e coselos a unha fita . Primeiro tiña pensado cortalos en forma de bandeirola, en triangulo, pero despois pensei que ían mellor así, tal como son.. Aquí está a guirlanda feita, en duas posicións diferentes:






A guirlanda coloqueina nesta cama. Antes era unha cama alta, para aproveitar o espazo de abaixo,  pero fartamonos de facer escalada de alto risco cada vez que tocaba mudar as  sábanas, así que quitamos algúns ferros e deixamola na posición normal. Quedaronlle como os catro postes dun dosel sen dosel, e deronme a idea da guirlanda.

Algúns dos cadradiños non os coloquei na guirlanda e reserveinos para unhas cousas ando a facer para a tenda. Xa están feitas, pero cando as rematei non tiña boa luz para facerlles unha foto, así que si cadra, fago as fotos mañana. Esto de facer  fotos ás cousas para mostralas na tenda, ten o seu aquel. Hai que buscar unha foto na que se vea ben o produto, que non chame a engano, e tamén que sexa bonita e que a cousa saia o mais favorecida posible..E non é nada facil...Ando como tola pola casa buscando unha parede blanca  e núa que lle dea a luz e non teño ningunha!. En todas hai cousas penduradas e na que non a luz non é a que a mí me gusta!



domingo, 24 de noviembre de 2013

Actualizacións na tenda: Serie negra e serie rosa





Unha das cousas mais divertidas e mais dificiles das tendas online é facer as fotos dos teus produtos dun xeito que se vexan ben bonitos e agradables a vista. A mi costame bastante e nunca parece que teña unha parede branca dabondo o un fondo axeitado para facer as fotos, por non falar da luz natural, que hai dias que simplemente, non hai luz axeitada  para as fotos. Se cadra tanta dificultade é porque non teño unha boa cámara nin coñecementos técnicos axeitados de fotografía ou se cadra é que non teño paciencia...non sei. As veces vexo por aí fotos tan fermosas que danme envexa. En fin, eu vou facendo o que podo cos medios que teño, e disfruto tanto como si fose unha sesión profesional para sair no Vogue...jeje.




Por certo acabo de abrir, hai uns minutos, a tenda en Dawanda. Ainda estou facendo cousas e subindo as que xa teño feitas. Nos próximos dias espero ter moitas cousas mais tanto en Etsy como en Dawanda.






viernes, 22 de noviembre de 2013

Concurso semanal de deseño en Spoonflower.

Esta semana non houbo que deseñar unha tea senon  un papel de regalo.
O tema do concurso é "Mittens" ou sexa  mitóns. Eu penso que mais ben fixen luvas normais (os mitóns non son os que deixan os dedos ao descoberto?) Pero vexo que todo o mundo fixo o mesmo...
Esto de deseñar papel de envolver  faime ir pensando nos agasallos do Nadal, que xa están a volta da esquina...


Ao mirar o deseño decatome que non se aprecia ben a idea. En teoría fai como bordado en punto de cruz sobre tea de saco, pero casi non se nota na foto. Coido que errei na escala do motivo...Ainda que se cadra, no tamaño real, vese mellor...non sei.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Que monada!

Xa está rematada a "serie rosa". Hai tamén unha serie "negra" e outra "neón". Agora teño que subilas a Etsy.

domingo, 10 de noviembre de 2013

Pasion polas fitas


Todos eses caixóns do meu estudio estan cheos de fitas, cordeis, cordóns,  tiras bordadas e pasamanaerías varias...E unha das pocas cousas que teño en orden, góstame mirar para elas, así,  tan cheas de cor y colocadiñas...

jueves, 7 de noviembre de 2013

Film Noir

Novo deseño para o concurso semanal de deseño textil de Spoonflower. O tema proposto para a semana  foi o de "Film Noir", cunha paleta de cor prestablecida. Espero ter collido o ar misterioso de  Philip Marlowe agachado nun chuvioso calexon ...



A votación do deseño está a piques de empezar...si a alguén  apetecelle votar no concurso, pódelo facer na páxina do concurso semanal de Spoonflower  aquí , penso que a partires de mañana  vernes xa se poderá votar no concurso "film noir"

domingo, 3 de noviembre de 2013

Unha idea para un disfraz




Onte celebramos o terceiro aniversario do meu sobriño G, e coma sempre, tocoulle ser o banco de probas dalgún invento meu. Esta vez foi un disfraz de indio americano. (Como agora xa non hai peliculas de indios e vaqueiros, como cando eu era nena, quedou un pouco desconcertado, non sabía o que eran todas esas plumas. Pobre rapas, algún dia voulle  mercar un xoguete)

A idea do disfraz é ben sinxela. O principal e mais importante é atopoar un plumeiro (dos de limpar o po) con boas plumas. Eu atopeino nun Todo a cen. Tamén é importante atopar un retaliño de tea que cadre ben cun vestido indio. Eu atopei esta especie de antelina na miña tenda habitual de teas sen remexer moito. Con 60 cm foi dabondo e ainda sobrou un pouco, parea facer unhas botas que non tiven tempo de facer hoxe, pero que xa están pensadas.

O resto son cousas que xa tiña en casa: adornos,  fitas e pasamanería varia. A cinta azul de pasamanería é a que usei de armazón do tocado do gran xefe indio. A de froles bermellas non a cheguei a usar. Queda para outra.



Para facer o tocado hai que desfacer o plumeiro, ben sexa tirando de cada  pluma con coidado, ou ben quitendo a peza do plumeiro que manten unidas as plumas, si  é doado de facer.


Unha vez que as plumas están soltas, vanselle unindo a cada pluma outras mais pequenas en cor que contraste, e atanse para facer unha soa. Eu  ateinas primeiro con cinta adhesiva e despois forreinas con tea. Para forralas dobrei a fita que usei para adornar a casaca e cosina, para fcer un tubiño moi longo. Nel fun metendo a cana de cada pluma e cortando ata que rematei todas.  Isto é realmente doado de facer. Cando as plumas forradas con tea están listas, vanse entrelazando na tira que fai de armazón e dáselles unha puntada con fio para que queden ben suxeitas Así:


Para rematar o tocado, ponselle unha goma elática pola parte de atrás para suxetalo  e engadeselle algún adorno mais ao gosto de cada quen. Eu púsenlle uns botóns dunha gabardina vella que tiña por casa. Isto é a parte boa de apañar con todo e non tirar nada: sempre atopas algo por casa para facer calquera cousa.

A casaca é ainda mais doada de facer que o tocado. Hai que cortar dous cadrados axeitados as medidas do neno, e cortar outras dúas pezas para os laterais de forma trapezoidal alongada, lastima non ter fotos delas antes de as coser para mostrar a idea. Hai que coser as pezas, do dereito, non é necesario coser polo revés e darllea a volta, queda mellor xa coser polo dereito. Despois facer os adornos: coser a fita (xa a tiña na casa, verdade que queda que nin pintada para este disfraz?) e cortar flecos coas tixeiras. Podense facer todos os adornos que se nos ocorran . 

 
 Eh voilá! Feito: