viernes, 29 de noviembre de 2013

Unha guirlanda

E que foi daqueles propósitos mensuais meus? Os tiña xa esquecidos! ... alá foron setembro  e  outubro pero penso que a novembre ainda chego a tempo. Polo menos fixen algo cun dos meus mostrarios de tapicería. Este é un dos meus favoritos, porque é como ter na casa o arco iris...Pensei que facer unha guirlanda con él era o mellor: é o mais sinxelo do mundo e ademais non se perde esa idea do arco iris, de ver todas as cores xuntiñas en gradación. A cousa e ben doada:  hai que despegar os anaquiños de tea do armazon e coselos a unha fita . Primeiro tiña pensado cortalos en forma de bandeirola, en triangulo, pero despois pensei que ían mellor así, tal como son.. Aquí está a guirlanda feita, en duas posicións diferentes:






A guirlanda coloqueina nesta cama. Antes era unha cama alta, para aproveitar o espazo de abaixo,  pero fartamonos de facer escalada de alto risco cada vez que tocaba mudar as  sábanas, así que quitamos algúns ferros e deixamola na posición normal. Quedaronlle como os catro postes dun dosel sen dosel, e deronme a idea da guirlanda.

Algúns dos cadradiños non os coloquei na guirlanda e reserveinos para unhas cousas ando a facer para a tenda. Xa están feitas, pero cando as rematei non tiña boa luz para facerlles unha foto, así que si cadra, fago as fotos mañana. Esto de facer  fotos ás cousas para mostralas na tenda, ten o seu aquel. Hai que buscar unha foto na que se vea ben o produto, que non chame a engano, e tamén que sexa bonita e que a cousa saia o mais favorecida posible..E non é nada facil...Ando como tola pola casa buscando unha parede blanca  e núa que lle dea a luz e non teño ningunha!. En todas hai cousas penduradas e na que non a luz non é a que a mí me gusta!



6 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

O mesmo rompecabezas ca min coas fotos. É difícil e toma moito tempo. A min pásame que monto un tinglado para facelas, fágoas, recollo e se algunha me esqueceu ou saiu mal teño que volver montar o tinglado, o tempo non chega a nada.
O de facer a cama en alto foi unha das razóns polas que me resistín a poñer literas pese ó moito que me gustan.
A grilanda quedou moi chula, a ver que fixeches co resto.
Por certo, encantábame esa tea de casiñas do Ikea, e xa non a hai... eu que tiña grandes plans... deses tan grandes que nunca se dan materializado, sabes? ;)

esther dijo...

A tea das casiñas estaba nesa especie de caixón con retais xa cortados que teñen...se cadar atopas ainda algunha. A que teño eu é precisamente un deses proxectos sen materializar dos que falas ... teñoa aí posta tal como a trouxen da tenda!

esther dijo...

A tea das casiñas estaba nesa especie de caixón con retais xa cortados que teñen...se cadar atopas ainda algunha. A que teño eu é precisamente un deses proxectos sen materializar dos que falas ... teñoa aí posta tal como a trouxen da tenda!

rissa dijo...

cuantos comentarios tienes hoy¡¡¡

esther dijo...

Je je el mio doble fue por error, no para que parezca que hay mas!

Rosa Belarte dijo...

Me gusta muchísimo tu guirnalda! Y creo que has acertado dejando los cuadrados tal y como eran! Esto también me lo apunto! Un beso!